Info COVID

Guía resumo das Instrucións da Consellaría

Nos documentos anexos é posible consultar:

  • As Instrucións de adaptación ao protocolo COVID-19
  • Unha guía resumo desas Instrucións.
  • O modelo de Declaración Responsable para as familias, de entrega obrigatoria antes do inicio das clases.
  • Anexo I do protocolo, co modelo da ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

SOLICITUDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE ESO

14/11/2020 15:55
Europe/Andorra

 

 

 

SOLICITUDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE ESO

 

Prazo de presentación de solicitude: Do 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020.

 

Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar.

 

O alumnado que fose beneficiario da axuda de 50 Euros para adquirir material escolar NON terá que presentar solicitude.

 

Documentación:

 

  • Solicitude cubería segundo Anexo I e Anexo II que se adxunta.

  • Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acredidativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • Certificado de grao de discapacidade do/da alumndo/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar documentación acreditativa.

  • No caso de que os proxenitores carezan de DNI ou NIF: Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe de Servicios Sociais ou equivalente.

 

(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 230 do 13.11.20 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.qal).

 

Betanzos, a 13 de novembro de 2020.

 

Información e modelos neste PDF

SOBRE A HIXIENE DAS MASCARILLAS

09/11/2020 19:02
Europe/Andorra

O visionado deste vídeo divulgativo de Marisa Garcia Alonso [Estudios Analíticos Aplicados A La Clínica] debería axudar a concienciar sobre o bo uso e coidado dos distintos tipos de mascarillas, que deben ser algo máis que un pano para cubrir a cara e, de ningunha maneira, unha fonte de infeccións.

 

Equipo Covid

 

 

 

O ALUMNADO DE 1º DA ESO CONTRA A COVID

13/10/2020 21:45
Europe/Andorra
 
 

 

 

Na páxina web do IES levan tempo colgados o Plan de Adaptación á situación COVID-19 e o Plan de Continxencia, pero que ben explican as rapazas e rapaces de 1º de ESO as rutinas que permiten convivir nun instituto máis seguro.
 
Parabéns ao traballo da rapazada e da súa profesora Belén Iglesias!
 

Rutinas que nos protexen

Neste curso tan excepcional, correspóndenos a todas e todos asumir algunhas rutinas novas: o uso (correcto!) de máscara facial en todo momento, o lavado de mans, a separación interpersoal ou a ventilación frecuente.

Fixemos un pequeno video, "Colaboramos para ter un instituto seguro", duns 30 segundos, sen máis pretensión que recordar esas rutinas que poden facer do IES Francisco Aguiar un lugar máis seguro. Son prácticas, en fin, que nos gustaría poder abandonar canto antes, mais que hoxe debemos cumprir polo ben da comunidade.

 

O Equipo Directivo

Protocolo COVID-19 do IES Francisco Aguiar

 

Poñemos á disposición da comunidade educativa o Plan de Adaptación á situación COVID-19, xunto ao Plan de Continxencia, que determina o procedemento a seguir en caso de aparición de infección no noso centro.

 

Mascarillas e matemáticas. Video e web interactiva. Por qué todos debemos levar a mascarilla sempre posta no instituto

Matemáticas e seguridade. Recordade SEMPRE por qué todos debemos levar mascarilla para coidarnos e coidar das persoas que queremos. 

Aínda que o video está en inglés, a páxina á que fai referencia non, é pode ser de interese tanto pola info e as ligazóns coma para xogar coas gráficas interactivas  https://aatishb.com/maskmath/

Protocolo COVID 'gamified version' para 1º e 2º ESO

Arrancamos un curso novo e diferente, onde unha das primeiras cousas que debemos interiorizar é a necesidade de seguir un protocolo para coidar da nosa saúde e da dos nosos.

Comparto aquí unha pequena gamificación que explica os pasos máis básicos do protocolo e que compartiu con licencia CC @qmataligames. O seu creador a fixo inicialmente para o derradeiro ciclo de primaria, pero os o primeiro ciclo da ESO tamén poden empregala para repasar as normas.

 

 Coidádevos moito!!!                                                          

Vídeos útiles para frear a COVID-19

Subimos dous videos sobre a COVID-19 moi útiles tanto para o alumnado como para o persoal e profesorado do noso instituto.

O primeiro deses videos é sobre Os erros máis frecuentes no uso da máscara, un vídeo realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras onde se explica, dunha maneira lúdica, cales son os erros máis comúns no uso da máscara e o xeito adecuado de utilizala.

 

 
 
 

 

O segundo vídeo explica como realizar unha correcta hixiene de mans. Trátase dun video creado pola Consellería de Sanidade, onde se explica como debe facerse unha correcta hixiene demans con agua e xabón.

   

 

 O Equipo Covid do IES Francisco Aguiar

 

Distribuir contido