Novo escaparate do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais

Doutra volta o alumnado do Ciclo Superior nos sorprende cun novo escaparate. O resultado e unha proposta terrorífica para un negocio de venta de ordenadores, móviles e informática en xeral. Esta proposta nos serve tamén para anticipar esta vindeira ponte festiva na que, ademáis do día de todos os santos, o 2 de novembro é non lectivo por libre disposición do centro.

Escaparate Halloween Samaín

 

HORA DE LER

HORA DE LER 


5ª SEMANA [5ª SESIÓN]
 
En Fort d'Aubervilliers Jef Aérosol embeleceu a parede dun espazo degradado polo abandono. Non sabemos que está a ler a neniña de pelo crespo.
Os nosos alumnos, esta semana, poden ler os relatos de  Marica Campo ou de Miguel Serrano Larraz.

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 2º de ESO A e B

prevención cannabis

Este xoves 25 de outubro, complementaria da charla de Comunicación Emocional pasada, para 2º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 2º A 10:40 a 11:30

ESO 2º B 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

Os cursos 2º C e 2º D recibirán estes obradoiros os días 22 e 23 de Novembro.

Encontro con ex_parlamentarios. 23 de outubro de 2018

Charla destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato, apróx dunha hora de duración de 11:45 a 12:45

encontro ex-parlamentarios

maría dolores faraldo botana

antolín sánchez presedo

carlos fernando branco parga

Deputada do PP pola provincia da Coruña na IX lexislatura, causou baixa o 9 de xullo de 2014.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 29 de marzo de  1959. Licenciouse en Medicina. É funcionaria da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Militante do Partido Popular, do que foi secretaria de Organización na provincia da Coruña. Saíu elixida concelleira da Corporación Municipal de Betanzos nas eleccións locais de 1991, 1995, 1999 e 2003. Nos seguintes comicios municipais, os de 2007, accedeu  á Alcaldía do Consistorio desta localidade. En 2011 foi vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, e renunciou un ano máis tarde ao obter a acta de deputada no Parlamento de Galicia. Tamén ocupou os cargos de directora do Servizo Galego de Saúde e do Instituto Social da Mariña.

Na súa actividade parlamentaria pertenceu ás comisións de Educación e Cultura, de Relacións co Consello de Contas e de Control da Compañía da RTVG.

Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña na I lexislatura, dende o 8 de febreiro de 1983, en substitución de Anxo Teixeiro Piñeiro, e na II, III e IV.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 5 de abril de 1955. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de avogado.

Militante do PSOE dende 1977, foi elixido concelleiro de Betanzos por este partido nas primeiras eleccións municipais en democracia, en 1979, e catro anos despois, asume o cargo de alcalde. Dentro do partido, no ano 1985, elixírono secretario xeral ata 1994. Entrou no goberno da Xunta como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, posto no que se mantivo dende 1987 ata 1990. Foi candidato á Presidencia da Xunta en 1983, pero non conseguiu bos resultados electorais e abandonou a primeira liña da política ata 2004, en que se presentou nas listas socialistas ó Parlamento Europeo; saíu elixido e renovou o escano para o período 2009-2014.

Na súa traxectoria no Parlamento, durante a I lexislatura, foi vogal da Comisión do Regulamento; e da Deputación Permanente. Na II lexislatura, vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento; membro da Deputación Permanente e voceiro suplente do seu grupo. Na III lexislatura, formou parte como vogal da Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; foi membro da Deputación Permanente e voceiro do seu grupo. Na IV lexislatura, foi vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento, así como membro da Deputación Permanente.
Deputado do BNG pola provincia da Coruña en dúas lexislaturas, na VII e na VIII; nesta última, substituíu a Anxo Manuel Quintana González a partir do 13 de setembro de 2011.
Naceu nas Pontes (A Coruña) o 14 de xuño 1957. Sindicalista de Endesa.
É membro do BNG desde 1995. Delegado sindical da CIG, desempeñou diversas funcións neste sindicato, entre elas, a de responsable de política industrial na Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía; representante no Plan de dinamización económica e industrial das Pontes e membro do Consello Confederal. No BNG, pertenceu ao Consello Local, ao Consello Comarcal de Ferrolterra e ao Consello Nacional.
Na VII lexislatura foi portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; e secretario na Mesa da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e, na VIII lexislatura, foi portavoz da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Charla Comunicación Emocional 2º ESO dentro do Plan de Prevención de Drogodependencias

comunicacion emocional

Charla para 2º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 2º A 16:20 a 17:10

ESO 2º B 17:10 a 18:00

Concello Betanzos

Obradoiros de Diversidade Afectivo Sexual para 4º ESO impartidos por CASCO (Comité AntiSida da Coruña)

sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo

Comité AntiSida da Coruña (CASCO).

LUNS 22 4ºA

MÉRCORES 24 4ºB

XOVES 25 4ºC

VENRES 26 4ºD

Nesta primeira sesión tratarase o tema da:

DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

HORA DE LER 4ª SEMANA [4ª SESIÓN]


Hora de ler

Ás veces As mellores familias (Berta Dávila) esconden segredos tras os muros das súas casas. E son moitos os segredos que se agochan nesas historias, terribles historias (como a de Lola Beccaría), que, sempre agrandan ao lector, porque lle permiten elexir entre o ben e o mal.

Ilustración: Paolo Domeniconi

 

 

 

 

Iniciación ao piragüismo 1º ESO A e C

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15

ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00

Esta semana, tócalle o turno para iniciarse no piragüismo aos grupos de 1º A e 1º C da ESO. Repetir que ésta é unha actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Se premedes na imaxe podedes acceder á galería fotográfica onde se van engadindo as instantáneas que chegan do desenrolo da actividade.

 

Distribuir contido