Visita á farmacia de Couceiro en Betanzos. Semana da #ciencia e da #tecnoloxía

farmacia

 

 

 

 

O pasado xoves 2 de maio, un grupo de alumnos/as de 1º de bacharelato A, acompañados da súa profesora de Física e Química, Mª Luisa Muíño Rey, realizaron unha visita á farmacia de Couceiro. Este é un lugar singular, querido por todos os betanceiros/as, admirado polos seus visitantes. O establecemento comercial máis antigo de Galicia, sempre na mesma ubicación, a farmacia é un pequeno museo. Agradecémoslle a súa farmacéutica, María Sánchez, a súa dedicación ao guiarnos dende a botica con instrumental antigo e modelos de balanzas, ata o laboratorio, onde aínda hoxe elaboran artesanalmente tratamentos específicos.