Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Xuño 22, 2021 »
Mar
Start: 22/06/2021 07:00
End: 22/06/2021 12:15

Senderismo en Vigo | Vigo programa siete rutas de senderismo guiadas y  gratuitas

O día 22 de xuño os grupos de 1º de BAC B e C sairán á zona da Espenuca para realizar unha ruta polo medio natural da comarcca, co obxectivo de coñecer mellor a contorna e seguir unha ruta mediante un track, desfrutando a natureza.

Start: 22/06/2021 10:20
End: 22/06/2021 12:15

Canoas Madrid, kayak, piraguismo, descenso del río Tormes en Salamanca y  Gredos

 

O día 22 de xuño o grupo de 2º de ESO C practicará piragüismo no río Mandeo.

Un estudo recente da RAG sobre o emprego e coñecemento do galego entre a mocidade sinala que só un 30% ten o galego como lingua habitual e que o 35% do alumnado castelán falante remata a ESO cunha escasa competencia oral e escrita nesta lingua.

Unha das razóns que se apuntan para esta distancia entre a xente nova e o galego é a carencia de contidos atractivos para eles na nosa lingua. As rapazas e rapaces de 4º da ESO desmontan esa idea con exemplos atopados nas redes sociais, no audiovisual e nos diferentes estilos musicais : rock, rap, trap, pop, indie, tradicional. Engaden nos seus traballos a participación de músicos e influencers que comparten con eles reflexións sobre a súa relación co galego e animan ao seu uso.

Iniciamos a publicación dos traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO cun paseo polo pop, o rap e o trap en galego realizado por Jaime Carro, Ainhoa Crespo, Candela Lagares e Sergio Gayoso. Estes alumnos de 4º A conseguiron entrevistar ás integrantes de The Tetas bande De vacas.

 

 

 

No caso de Lucía Fernández e Fernando Gutiérrez, o seu traballo aborda o galego nas redes sociais, cunha entrevista á instagramer @unha_nova_paxarinha.

 

 Nos vindeiros días publicaremos máis traballos de 4º de ESO sobre sociolingüística.

 

 

 

Distribuir contido