Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Abril 19, 2020
Start: 19/04/2020 21:27
 
 
Fotos dende a xanela, proposta fotográfica do alumnado de EPVA de 3º ESO
#fotografiaencurso 3º ESO Educación Plástica e Visual
 
 
CENTRO

Al primer resquicio del alba,
las ventanas de un lado de la casa
se escarchan con una fría luz naranja,

y en cada ventana de pálido azul
del otro lado
cuelga una luna llena, un resplandor blanco, redondo.

Miro a un lado, luego al otro,
pasando de habitación en habitación
como si entre países o partes de mi vida.

Entonces me detengo y me paro en el medio,
extiendo ambos brazos
como el hombre de Leonardo, desnudo en un círculo perfecto.

Y cuando comienzo a girar lentamente
siento a toda la casa dar vueltas conmigo,
rotando libre de la tierra.

El sol y la luna en todas las ventanas
se mueven, también, con las puntas de mis dedos,
el sistema solar girando por grados

conmigo, el ególatra de las mañanas,
girando en pantuflas sobre la alfombra del pasillo,
llevando al frío naranja, azul y blanco

a dar una vuelta callada y sin prisa,
todo rueda y brújula, eje y carrete,
tan despierto como jamás lo estaré.



Billy Collins
Martes Abril 21, 2020
Start: 21/04/2020 08:45

Visita do alumnado de 2º BAC de Historia da Arte a Santiago de Compostela de 8:45 a 18:00. Acompañan ao alumnado os profesores do departamento de Xeografía e Historia Xosé Luis Mosquera e Julián Ferrer.

Start: 21/04/2020 09:35

Organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura e  a editorial Anaya para alumnado de 1º BAC de Literatura Universal e alumnado voluntario que tiña lido o libro de lectura. De 9:35 a 11:15

Venres Abril 24, 2020
Start: 24/04/2020 08:45

Obradoiro de escritura creativa a cago do grupo Apiario. Detalle dos horarios:

 

Grupo Horario
2º B da ESO de 8:45 a 10:25
3º A da ESO de 12:35 a 14:15
Start: 24/04/2020 20:07
 
 


O libro do amor é longo e aburrido
ninguén pode levantar ese armatoste
cheo de gráficas, feitos e estatísticas
e instrucións para bailar
pero a min encántame cando ti mo les
e ti les o que sexa para min.
 
Stephen Merritt 
 
The book of love is long and boring
No one can lift the damn thing
It's full of charts and facts and figures
And instructions for dancing
But I I love it when you read to me
And you
You can read me anything
 
Stephen Merritt 



Fotografía: Ana Tomé

Luns Abril 27, 2020
Start: 27/04/2020 09:35

novas tecnoloxías

 

 

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 1º e 3º da ESO para falar acerca do uso das Novas Tecnoloxías.

Horarios e datas da actividade:

 

Data Hora Grupo
luns 27 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºA
luns 27 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºB
luns 27 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºA
martes 28 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºD
martes 28 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºE
martes 28 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºD
mércores 29 de abril 09:35-10:25 ESO 3ºB
mércores 29 de abril 10:40-11:30 ESO 3ºC
mércores 29 de abril 11:30-12:20 ESO 1ºC

 

 

Martes Abril 28, 2020

novas tecnoloxías

 

 

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 1º e 3º da ESO para falar acerca do uso das Novas Tecnoloxías.

Horarios e datas da actividade:

 

Data Hora Grupo
luns 27 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºA
luns 27 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºB
luns 27 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºA
martes 28 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºD
martes 28 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºE
martes 28 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºD
mércores 29 de abril 09:35-10:25 ESO 3ºB
mércores 29 de abril 10:40-11:30 ESO 3ºC
mércores 29 de abril 11:30-12:20 ESO 1ºC

 

 

Start: 28/04/2020 08:45

Aberta á participación da comunidade educativa do IES Francisco Aguiar. Tema condutor 'O Equilibrio'

Detalles pendentes de temporización.

Start: 28/04/2020 09:15

Actividade organizados polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

De 9:15 a 14:15

 

Mércores Abril 29, 2020
Start: 27/04/2020 09:35
End: 29/04/2020 12:20

novas tecnoloxías

 

 

Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 1º e 3º da ESO para falar acerca do uso das Novas Tecnoloxías.

Horarios e datas da actividade:

 

Data Hora Grupo
luns 27 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºA
luns 27 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºB
luns 27 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºA
martes 28 de abril 09:35-10:25 ESO 1ºD
martes 28 de abril 10:40-11:30 ESO 1ºE
martes 28 de abril 11:30-12:20 ESO 3ºD
mércores 29 de abril 09:35-10:25 ESO 3ºB
mércores 29 de abril 10:40-11:30 ESO 3ºC
mércores 29 de abril 11:30-12:20 ESO 1ºC

 

 

Aberta á participación da comunidade educativa do IES Francisco Aguiar. Tema condutor 'O Equilibrio'

Detalles pendentes de temporización.

Start: 29/04/2020 10:01

Dúas sesións:

1ª sesión ás 10:00 para o alumnado de 4º da ESO e 1º BAC E

2ª sesión ás 12:00 para o alumnado de 3º da ESO e 1º BAC D

theatre

Xoves Abril 30, 2020
Start: 28/04/2020 08:45
End: 30/04/2020 14:15

Aberta á participación da comunidade educativa do IES Francisco Aguiar. Tema condutor 'O Equilibrio'

Detalles pendentes de temporización.

Venres Maio 01, 2020
Luns Maio 04, 2020
Martes Maio 05, 2020
Start: 05/05/2020 09:15

Actividade organizados polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

De 9:15 a 14:15

Start: 05/05/2020 11:20

piragüismo

 

Organiza Leo Piñeiro en colaboración co club 'Ría de Betanzos'. Distribución horaria:

Grupo Día Hora
2ºB ESO Martes 5 Maio

de 12:20 a 14:15

4ºA ESO Xoves 6 Maio de 12:20 a 14:15
2ºC ESO Luns 11 Maio de 9:35 a 11:30
4º B ESO Martes 12 Maio de 12:20 a 14:15
2º A ESO Xoves 13 de Maio de 12:20 a 14:15
2º D ESO Luns 18 Maio de 9:35 a 11:30
4º C ESO Martes 19 Maio de 12:20 a 14:15
Mércores Maio 06, 2020
Start: 06/05/2020 12:20

piragüismo

 

Organiza Leo Piñeiro en colaboración co club 'Ría de Betanzos'. Distribución horaria:

Grupo Día Hora
2ºB ESO Martes 5 Maio

de 12:20 a 14:15

4ºA ESO Xoves 6 Maio de 12:20 a 14:15
2ºC ESO Luns 11 Maio de 9:35 a 11:30
4º B ESO Martes 12 Maio de 12:20 a 14:15
2º A ESO Xoves 13 de Maio de 12:20 a 14:15
2º D ESO Luns 18 Maio de 9:35 a 11:30
4º C ESO Martes 19 Maio de 12:20 a 14:15
Luns Maio 11, 2020
Start: 11/05/2020 09:35

piragüismo

 

Organiza Leo Piñeiro en colaboración co club 'Ría de Betanzos'. Distribución horaria:

Grupo Día Hora
2ºB ESO Martes 5 Maio

de 12:20 a 14:15

4ºA ESO Xoves 6 Maio de 12:20 a 14:15
2ºC ESO Luns 11 Maio de 9:35 a 11:30
4º B ESO Martes 12 Maio de 12:20 a 14:15
2º A ESO Xoves 13 de Maio de 12:20 a 14:15
2º D ESO Luns 18 Maio de 9:35 a 11:30
4º C ESO Martes 19 Maio de 12:20 a 14:15
Martes Maio 12, 2020
Start: 12/05/2020 12:20

piragüismo

 

Organiza Leo Piñeiro en colaboración co club 'Ría de Betanzos'. Distribución horaria:

Grupo Día Hora
2ºB ESO Martes 5 Maio

de 12:20 a 14:15

4ºA ESO Xoves 6 Maio de 12:20 a 14:15
2ºC ESO Luns 11 Maio de 9:35 a 11:30
4º B ESO Martes 12 Maio de 12:20 a 14:15
2º A ESO Xoves 13 de Maio de 12:20 a 14:15
2º D ESO Luns 18 Maio de 9:35 a 11:30
4º C ESO Martes 19 Maio de 12:20 a 14:15
Mércores Maio 13, 2020
Start: 13/05/2020 12:20

piragüismo

 

Organiza Leo Piñeiro en colaboración co club 'Ría de Betanzos'. Distribución horaria:

Grupo Día Hora
2ºB ESO Martes 5 Maio

de 12:20 a 14:15

4ºA ESO Xoves 6 Maio de 12:20 a 14:15
2ºC ESO Luns 11 Maio de 9:35 a 11:30
4º B ESO Martes 12 Maio de 12:20 a 14:15
2º A ESO Xoves 13 de Maio de 12:20 a 14:15
2º D ESO Luns 18 Maio de 9:35 a 11:30
4º C ESO Martes 19 Maio de 12:20 a 14:15
Venres Maio 15, 2020
Start: 15/05/2020 19:37

 

De que vai isto?
Un pirata informático colou un anuncio de Spotify nun centro de ensino público?
Pois non. 
 
Hoxe compartimos, con ledicia,  a lista de cancións elaborada cooperativamente polos alumn@s de 4º de ESO do IES Francisco Aguiar.
Despois da selección, quedaron 236 cancións de música en galego. 
 
 
Esta ligazón lévamos a orbitar durante 6 horas e 25 minutos arredor dun Galiuniverso sonoro.
 
Parabéns ao alumnado e a Carmen Suárez!

 

Sábado Maio 16, 2020
Start: 16/05/2020 21:09

 

O MEU RETO POLO GALEGO
 
Avanzar cara á normalización lingüística depende non só do labor institucional, senón que tamén é necesaria a actuación social e, sobre todo; INDIVIDUAL.
Como podemos contribuír á normalización da lingua?
Con pequenos retos. Marcámonos pequenos cambios nos usos da lingua, procurando instaurar novos hábitos que sexan a base a posibles cambios no futuro: empregalo nas miñas redes sociais, comezar a falalo cos meus amigos, coa miña familia, ...Buscamos sempre retos posibles, alcanzables, que non nos leven á frustración.
Pensa e comparte ese pequeno reto ao que estás disposto a enfrontarte pola normalización da lingua.
 
***
 
 
    Estiven pensando que podía facer eu pola lingua galega. Xa sei que a miña actitude persoal cara á lingua non vai cambiar soa a situación do galego, senón que todos debemos mentalizarnos en usalo máis a miúdo, todos os días, e en calquera situación: na casa, con nosos pais, pero tamén no instituto, cando empregamos o whatsapp cos nosos amigos, coa caixeira no súper...Isto é difícil. Custa moito cambiar as costumes dun día para outro. Pero hai que comezar xa.
   A forma máis fácil para comezar, e vai ser o que eu faga, será falar en galego na casa, con meus pais, cos que sempre falo en castelán. E cando poida ver á miña avoa, falareille tamén en galego. Ela fala galego. ( A ela pegábanlle na escola por falar o galego, díxome miña nai).
   Todos os días vemos na televisión as noticias na TVG e outros programas tamén. Con isto aprendo vocabulario novo, expresións galegas, tópicos galegos... e ata parece que resulta máis fácil falalo. Ata descubrín nas noticias do mediodía a unha periodista youtuber, Esther, coa súa sección #dígocho eu, que aclara dúbidas sobre o galego e fala de palabras de uso común mal empregadas, xeralmente por influencia do castelán, aínda que tamén moitas veces fai referencia ao portugués. Gústame moito o #dígocho eu. Moi curtiño e moi interesante!
 
ELISA CHARLÓN 4º B
 
***
Estou empezando a falar en galego na casa algúns días á semana, co paso do tempo intentarei que sexa máis a miúdo
PABLO FERREIRO 4ºB
 
Como xa che comentei na video-chamada do martes eu procurarei falar con todos os meus amigos en galego. Non e un reto nin dificil nin facil xa que a moioria do tempo falamos en castelan. Ademais non creo que me digan que non e coa axuda de Danie, vexo moi probable que poida cumplir o reto.

MIGUEL GABÍN 4ºA
***
Como reto propúxeme falar en galego un día da semana con toda a niña familia , nós nunca falamos en galego, entón pode ser un pouco difícil, tamén intento que ás miñas curmás pequeñas falenno comigo un rato algún días porque lles costa moito .
CARMEN MOSQUERA 4º B
 
***
Eu para realizar os retos comecei a falar cos meus familiares en galego. Ao comezo, quedaron sorprendidos porque normalmente non falo galego na casa, pero agora acostumáronse e falámolo normalmente. Mesmo cando chamo aos meus amigos, falamos nesa lingua. Tamén comecei a falar nas redes sociais en galego, para difundir o seu uso entre os meus seguidores. Espero que esta situación se faga máis normal e que a xente non se estrañe cando non se fala en castelán. 

LAURA PENAS CONDE 4ºB
***
O meu reto co galego será empregalo nas redes sociais e falalo coa familia.

 
ALANA JIMBI NAVARRO 4ºB
***

O meu modo de contribuír á normalización lingüística será falar só en galego durante 24 horas. Fareino o luns 11.  

SOFÍA VEIGA 4º B


***
 
O meu reto para contribuír á normalización da lingua galega consiste en utilizala nas redes sociais, coa familia e cós amigos durante dúas semanas seguidas polo menos. Se para alguén que fala sempre castelán pode resultar difícil, tamén é certo que se somos galegos podemos e debemos superar este reto. Vivir como galegos tamén implica empregar a nosa lingua.
ANA CALAZA 4ºB
***
Aparte de falar galego tanto nas redes sociais coma coa miña familia e amigos, o meu reto será ler e escoitar máis música en galego para que me sexa moito máis fácil acostumbrarme a falalo e ecoitalo. Tamén empezaré a ver a miudo a televisión de galicia. 

CLAUDIA NAVEIRA 4º C
***
Eu vou falar durante 1 semana enteira en galego, coa miña familia e cos amigos. 

ANXO FACHAL 4ºB


***
O galego é a lingua oficial en Galicia do mesmo xeito que o castelán, porén, durante séculos, o galego foi moi criticado e menosprezado. Na actualidade esta situación cambiou para mellor, pero séguese a ver como inferior, polo que vou contribuír á súa normalización facendo pequenos retos.
O meu primer propósito será falalo sobre todo na miña casa cos membros da miña familia e logo cos meus amigos. Un dos meus problemas neste reto é que a miña nai non sabe falar e non entende o galego o suficiente porque é de Venezuela. Outra dificultade vai ser acostumarse a conversar tanto en galego, xa que estou afeita a empregar sempre o castelán.
Máis tarde, comezarei a usalo especialmente nas miñas redes sociais e así tentar convencer á xente para que se una a esta loita. Neste punto, non creo que teña ningún tipo de obstáculo.
Despois empregareino no instituto. Primeiro en materias que xa aplican dita lingua e despois en todas as demais materias. Na miña opinión, creo que deberían poñer máis clases de galego porque a linguaxe que está en perigo de desaparecer é o galego e non o castelán, polo que creo que ese xesto axudaría moito.
E por último, tentarei frecuentalo en todo momento e con todos. E imaxino que estas pequenas metas poden facelas calquer individuo e que poden favorecer a lingua tan infravalorada.
PAULA MATO 4ºA
***
Estou disposta a empregar máis amiúdo o galego, non só na escola. Podo falarlle a os meus curmáns pequenos en galego para que así vaian acostumándose a oilo e o teñan como unha lingua tan importante coma o castelán.
CINTA MANTEIGA 4ºC
***
Na minha casa unicamente falo galego, polo que a min falar galego non me supón ningún reto. O lugar onde non falo o galego é cos meus amigos, polo que podería enfrentalo coma un reto, e falalo con eles máis a miúdo.
MIGUEL LEMA 4ºC

Imaxe. O Raposo
 
Distribuir contido