Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

Servidor Abalar do centro
Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Novas

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021

O pasado venres 9 de xuño foi aprobada a resolución pola que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21. Dita resolución sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 19 de xuño.

CALENDARIO DE FIN DE CURSO 2019-2020: INFORMACIÓN XERAL PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS.

Nos documentos adxuntos encontraredes información sobre o fin de curso no IES Plurilingüe Fontexería: pendentes, entrega de notas, reclamacións, etc.

 Tamén podedes acceder a ela entrando por INFO fin de curso 2019-2020 e premendo no curso correspondente no apartado de Entrega de notas/Revisión de exames/Reclamacións.

CALENDARIO PARA A SOLICITUDE DE FONDOLIBROS, PARA A ENTREGA DOS LIBROS EN PRÉSTAMO NO PRESENTE CURSO 2019-2020, E QUENDAS PARA A MATRÍCULA DO CURSO 2020-2021.

Nos documentos adxuntos podedes consultar o calendario para a solicitude no centro de Fondolibros para o curso que ven, e tamén o calendario de entrega e devolución dos libros prestados neste curso. No terceiro documento podedes consultar as quendas para a matrícula do vindeiro curso 2020-21. Todos os Calendarios están distribuídos por cursos e quendas determinadas polos apelidos en orde alfabética.

Radio Fontexería: Confinamento nas Ondas

O alumnado de 1º ESO B1, baixo coordinación da docente de Lingua Galega Olalla Liñares, está desenvolvendo neste 3º trimestre un proxecto de radio. A través dun podcast que se pode escoitar aquí, cada semana elaboran un programa de radio baixo o nome Confinamento nas Ondas. O espazo inclúe contidos diversos: noticias, crónicas, entrevistas, narracións, poesía, regueifas, música, receitas de cociña, anuncios... Animámosvos a que escoitedes o programa.   

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020.

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Adiamento das Probas de Lingua Francesa DELF B1.

A Alliance Française informa de que as probas DELF B1, que se ían celebrar no mes de maio, pasan a celebrarse no mes de xuño según consta no calendario que podedes consultar no documento adxunto.

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.

PROCEDEMENTO PARA A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DESDE AS TITORÍAS.

PROCEDEMENTO PARA A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DESDE AS TITORÍAS

As titorías comezarán a realizarse a partir do 14 de abril de 2020

Onde solicitar? No correo do centro: ies.fontexeria@edu.xunta.gal

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo, e a extraordinaria os días 15, 16 e 17 de setembro.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron o 30 de marzo fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia.

Programa A Ponte da USC. Encontros Virtuais, 6, 7 e 8 de abril.

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut