Imaxes do Patrimonio 2
Baixo a coordinación do EDLG, dende o IES Plurilingüe Fontexería levamos varios cursos participando no Certame "As Imaxes do Patrimonio, convocado pola Asociación "Ponte...nas Ondas" grazas á implicación de profesorado, alumnado e familias. Desta volta, a actividade desenvolveuse cos rapaces e rapazas de 3º ESO. E se ben ningunha das fotografías resultou premiada no concurso, a maior recompensa xa a obtivemos: atesourarmos unha parte de nós.
A través das imaxes que deseguido se recompilan coñecemos, lembramos e revivimos o noso pasado. Presentamos, pois, unha mostra do patrimonio cultural muradán para que os mozos e mozas que agora constrúen o futuro non esquezan de onde vimos.
A publicación do "Libriño" ía ter lugar durante a nosa XXXI Semana Cultural, que polas causas coñecidas por tod@s non se levou a cabo...pero sí temos versión virtual da mesma na nosa páxina de inicio, cunha chea de contidos!!
Aquí está o enlace para o libro, premede nas páxinas para visualizalas