RESOUCIÓN DE ECUACIÓNS ALXÉBRICAS

Presentación

Neste proxecto tratará-se de descubrir, estudar e comprender todo o relativo ás ecuacións alxébricas.

A actividade corresponde ao nível de 4º de ESO, aínda que poderia ser utilizado con certas restricións en 3º ou ben como reforzo en algún dos cursos de bacharelato.

Temporización

A temporización total estimada para desenvolver o traballo é de trés semanas lectivas, repartidas do seguinte xeito:

Primeiros conceitos: 2 dias lectivos

Tipos de ecuacións: 2 dias lectivos

Métodos xerais de resolución de ecuacións: 3 dias lectivos

Métodos especiais de resolución de ecuacións: 5 dias lectivos

Organización

O desenvolvimento do traballo realizará-se por grupos de trés integrantes, con presenza obrigatória de ambos sexos. No caso de que sexa necesário poderán formar-se eventualmente grupos de catro integrantes.

Os grupos serán formados de forma autónoma mas deberán contemplar critérios integradores, de xeito que non ficará nengunha aluna ou aluno isolado á hora de conformá-los.  Por este motivo, o profesor reservará-se o direito a impór a composición dos grupos no caso de que non se cumpra algunha das condicións anteriores.

Cada grupo designará unha portavocia, que será a persoa encarregada da comunicación ao profesor dos progresos e dificuldades e de trasladar ao resto do grupo as indicacións ou recomendacións do profesor.

Procura inicial

Para comezar, cada integrante do grupo deberá procurar da forma que estime oportuna aqueles termos, palabras, conceitos e ideas que segundo o seu critério teñen que ver co conceito de ecuación.

A procura pode ser a través da web, compañeiras ou compañeiros de cursos superiores, libros, os próprios coñecimentos ...

Cada grupo fará unha listaxe das palabras (10 como mínimo) que aparecen con frecuéncia relacionadas coa idea de ecuación.

A listaxe publicará-se no blog do curso e comparará-se co resto de listaxes enviadas polos outros grupos.