Visita a Xixón- Musical Mamma Mia!

O venres 15 de abril de 2016 os alumnos de 3º de ESO e PMAR asistiron en Xixón ao musical Mamma Mia.

Tedes máis fotos na galería

RETALLOS DE MANUEL MARÍA

Retallos de Manuel María on PhotoPeach

Visita á Casa-Museo de Manuel María

Visita dos alumnos de 2º e 3º de ESO á Casa - Museo de Manuel María.

Casa de Manuel María

Viaxe a Londres

Do 1 ao 5 de marzo o alumnado de 4º ESO fixo unha viaxe de estudos a Londres.

Alí visitaron os monumentos máis emblemáticos, como o Big Ben, o Parlamento, a Tower Bridge, Buckingham Palace, pasearon en barco polo Támesis, e tamén tiveron as correspondentes sesións de museos, visitando o British Museum, o Museo de Ciencia e o de Historia Natural.

Ademáis tamén aproveitaron para poñer en practica os seus coñecementos da lingua Inglesa.

Parlamento

Tower Brigde

Aquí tedes unhos vídeos da nosa experiencia:

video 1

video 2

 

BOAS FESTAS!

O IES Fonmiñá deséxavos un bo Nadal e un ventureiro aninovo.

VIAXE A LUGO

Dentro das actividades da semana da ciencia en Galego o alumnado de 3º e 4º de ESO fixeron 2 visitas en lugo:

  • unha visita a fundación TIC. Neste enlace tedes as imaxes da visita e noso TICODIARIO.
  • participaron no obradoiro de Tecnoloxía e Luz, organizado por Igaciencia, no Museo Provincial de Lugo, dentro das actividades do ano 2015 como ano da luz.

   

VIAXE A SANTIAGO

O día 20 de Novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO fixeron unha viaxe a Santiago para participar nun concerto didactico da Real Filarmonia de Galicia dirixida por Paul Daniel.

Despois tiveron unhas visitas didacticas á Ciudade da Cultura, e á exposición fotográfica de José Suárez.

TRANSMÍTELLO EN GALEGO!

 Este évos o lema que os rapaces de 4º de ESO,  xunto co ENDL do instituto vos propoñen para que enviedes ou regaledes tarxetas en galego a familia e amigos. 
 
Como non as demos atopado nas librarías e papelarías animámonos a facelas, e con elas poderedes desexar un Bo Nadal, dar os parabéns, transmitir condolencias, desexar un Bo Aniversario, anunciar a chegada dun bebé, pedir perdón, etc... pero  na nosa lingua.
 
Animádevos e mercade algunha para que os de 4º podan facer unha bonita viaxe de fin de curso e para normalizar o uso do galego nas nosas vidas!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Podes velas premendo aquí.

Videoconferencia do VI Día da Ciencia en Galego “A máquina que constrúe a mente e a realidade” Xurxo Mariño

A ciencia pódese aprender en galego, vaia que si. O mércores 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, evento promovido por Igaciencia, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e ENCIGA, que agrupa os Ensinantes de Ciencia de Galicia.

Asistimos xunto a máis de cen centros educativos galegos, a través de videoconferencia, á charla organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, “A máquina que constrúe a mente e a realidade”, onde  o científico e divulgador, Xurxo Mariño falounos en directo de como funciona a mente, a onde vai o "eu" cando durmimos e  afondou na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade.

 E o rematar a charla, a través de Twitter, puidemos facerlle preguntas sobre o tema, ás que Xurxo foi contestando en directo.

 

Tedes a conferencia no seguinte enlace

OBRADOIRO DE TEARES

O día 29 de outubro tivemos no Centro un obradoiro de teares impartido pola artesán Noela Feal dentro do programa de actividades "Artesanía nos Coles" que organiza a Asociación de Obradoiros da Terra Chá, no que participou toda a comunidade educativa facendo un tapiz que quedou no centro:

  

Hai máis fotos na galería:

Distribuir contido