As Sinsombrero

Día histórico hoxe no IES Fonmiñá! Ata voaron sombreiros!. Isto foi o que aconteceu: Estaba unha das profesoras de Lingua Castelá e Literatura explicando a autoría dos poemas cos que estivera traballando o alumnado nesta semana da poesía cando, de súpeto, un sombreiro voou pola aula. Unha casualidade, tendo en conta que os poemas foron escritos polas Sinsombrero, unha xeración de mulleres que participou na modernización social e cultural da España dos anos 20 e 30, mais totalmente olvidada polos libros de texto.

Alguén chamou á porta e... alí estaban Luisa Carnés, Federica Montseny, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde, María Moliner, Silvia Mistral, Rosa Chacel, Concha Méndez, María Zambrano, María Teresa León e Josefina de la Torre! Vaia sorpresa! Estiveron a contarnos a súa vida (ben dura nalgúns casos), o seu interese pola literatura, a súa obra... E, antes de marchar, agasalláronnos cun marcapáxinas, co nome delas, fotografía e cita literaria, e cunha mensaxe moi importante: elas tamén están nos nosos libros.

Moitísimas grazas ás nosas nenas de 4.° ESO por todo o seu traballo e magnífica interpretación! Moitas grazas tamén aos nosos nenos de 4.° pola creación dos marcapáxinas! E grazas tamén a todo o alumnado e profesorado do centro, pola súa atención e interés!