Skip to Content

Chegou o Día do Libro, e como o celebramos nós? Recomendando lecturas, posando coas nosas suxestións na biblioteca, e recibindo como agasallo un marcapáxinas personalizado.

Ver montaxe


O xoves 23 celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Seguindo a proposta da AELG, elaboramos o cartel-mural "Rosalía contra a inxustiza" cunha selección de recortes de prensa recollidos polo alumnado nas sesións de titoría. Durante o recreo puidemos escoitar a través da megafonía un recital poético protagonizado polo alumnado, e repartimos poemas de Rosalía e chapas realizadas por alumnas do Equipo de Voluntarias da biblioteca.


Despois de catro días seguindo os "mandadiños do Entroido", o venres chegou o día grande da celebración no IES Fin do Camiño: degustación de manxares propios destas datas, desfile de disfraces cun animadísimo acompañamento musical a cargo de alumnado de 2ºESO e premios para o mellor disfrace individual (Xusto), mellor disfrace en parella (Paula e Adrián), mellor disfrace en grupo (Irene, Lucía e Valeria) e mellor comparsa ou clase máis participativa (3ºA coa súa arca de Noé Valdi). Parabéns a todas e todos!!

Ver imaxes


Durante o recreo do luns inaugurouse o mural que dá visibilidade aos haikus pola paz realizados durante a semana pasada polo alumnado do centro en galego, castelán, francés e inglés, mentres parte do alumnado de 2º ESO interpretaba coa flauta Imagine, de John Lennon. O espazo ocupado polo mural serviu como photocall para que os diferentes grupos posasen.

Ver imaxes


Hoxe o alumnado de 4º ESO remataba a súa estancia no Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo, despois de gozar dunha semana de inmersión lingüística en inglés con actividades dixitais, xogos, veladas... e facer novos amigos e amigas doutros centros de Galicia.


O noso centro participou onte no acto organizado polo Concello de Fisterra para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Alumnado de 1º ESO leu un manifesto e fragmentos de varios libros relacionados con este tema; proxectouse un vídeo no que Carla interpretou La puerta violeta de Rozalén, acompañada de Iván á guitarra; e rendemos homenaxe ás mulleres asasinadas durante este ano, colocando estrelas co nome de cada unha delas.

Ver vídeo

Ver imaxes


Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia, dentro do programa Coñece as túas institucións. Tivo acceso a diferentes dependencias, como o Salón dos Reis, o hemiciclo ou as salas onde sucede a actividade institucional diaria, e coñeceu de primeira man o funcionamento do Parlamento e a Xunta.

Ver imaxes



by Dr. Radut