Ciclos Formativos

SOLICITANTES DE 2º CURSO DE ORDINARIO DE CICLOS FORMATIVOS QUE OBTEÑEN PRAZA. (Proceso non centralizado) 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 07/07/2017 - 07:28

Publicación das listaxes de alumnado que obteñen praza nos 2º cursos de ordinario de Ciclos Formativos. Procedemento non centralizado.

ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA TODOS OS CICLOS EXCEPTO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS.

Prazo de matrícula: 18-24 de xullo as 13:00

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resultou admitido. 

Transcurrido dito prazo e, se quedaran vacantes, cubriránse a partires da listaxe de espera.

LISTAXE ADMITIDOS 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Apelidos e nome

Estudos aportados para baremar

Nota

Lima Bentz, Charles Bruno de

Homologación Bach.

6,58

Lamas Vigo, Oscar

Bacharelato LOE

5,68

Mourín fontevedra, Iván

Bacharelato LOE

5,00

Vázquez Suárez, Cristina

Bacharelato LOE

5,00

Fariña Corral, Sergio

Bacharelato LOE

5,00

González Chans, Iria María

Técnico XEAD

7,64

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LISTAXE DE ESPERA NO 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Boutureira López, Sara

Título de T. Superior

7,50

Parga González, Aurora

Técnico XEAD

7,09

Mercedes, Ángel Antonio

Técnico XEAD

6,18

Vila Vázquez, Cristina

Técnico XEAD

5,73

Bermúdez Romero, Diego

Homologación Técnico

5,00

Heredia Seijas, Lorena

Probas acceso CF GS

5,64

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (Presencial e Distancia)

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/06/2017 - 04:14

Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática  e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS.

Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.

 

Tamén poden consultarse as recomendacións feitas pola Consellería no seguinte enlace Itinerarios formativos para cursar os ciclos formativos polo réxime de persoas adultas

 

OFERTA FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Lun, 26/06/2017 - 03:22

No seguinte ENLACE poden cosultarse a OFERTA de CICLOS para o curso 17-18 no noso centro.

ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO ORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/06/2017 - 06:03

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 17-18

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 26 de xuño ao 4 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Cubrir os impresos que se relacionan nesta web no apartado "IMPRESOS DE MATRÍCULA"

O alumnado do centro fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula.

O alumando procedente doutros centros ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resulta admitido.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA 1ª ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

 

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:21

No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V

Enviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 13:00

Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V.

As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son.

Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais.

As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía.

O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación.

As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. 

Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia.

As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía.

A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.

 

Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

PRAZAS VACANTES EN MÓDULOS DE RÉXIME ORDINARIO PARA PERSOAS MATRICULADAS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/10/2016 - 03:39

Tal e como indica  a :

Disposición adicional primeira. Ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario

As prazas que resulten vacantes logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2016/17.

No seguinte documento poden consultarse os módulos de ordinario nos que existen prazas vacantes que podrán ser ocupadas por ALUMNOS MATRICULADOS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS.

 

RESOLUCIÓN PROBLEMAS NO ACCESO Á PLATAFORMA DA FP A DISTANCIA

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/09/2016 - 08:49

A través da Unidade de Atención a Centros (UAC) estanse a recibir moitas incidencias do alumnado derivadas de que afirman non ter recibido correo electrónico para a activación dunha conta de usuario para acceder á Plataforma de Teleformación. Para aclarar esta situación:

  • Este ano a maior parte do alumnado xa ten creada unha conta de usuario do dominio @edu.xunta.es derivada do uso da aplicación informática que debían empregar no proceso de admisión, polo que non recibirán novos correos electrónicos coas claves para a creación dunha nova conta de usuario.
  • Soamente o alumnado que non teña creada a conta de usuario durante o proceso de admisión ou ben que non dipuxese dunha por outros motivos, será o que reciba un correo electrónico coa indicación de crear unha conta de usuario.
    • Se o/a alumno/a non recibiu o correo, debe comprobar o cartafol SPAM, xa que en ocasións certos xestores de correo o moven a esa localización.
    • No caso de non recibir este correo electrónico, o/a alumno/a debe poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) a través do teléfono 881 99 77 01, ou ben do correo electrónico uac@edu.xunta.es, para que verifique o seu caso particular.

 

Lémbrase tamén o enderezo da Plataforma de Teleformación, Nova Plataforma de Teleformación: FPaDistancia



RELACIÓN PROVISIONAL ADMISION FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/09/2016 - 09:30

No taboleiro do centro en no seguinte ENLACE figura a relación provisional de admisión no ciclo de Formación profesional básica de informática e comunicacións.

 

NOVAS LISTAXES CICLOS LIBERADOS OU CON PRAZAS VACANTES 16-17

Enviado por prof_mvr o Xov, 21/07/2016 - 15:11

Consultar en http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2016-17

No noso centro son as seguintes, recordamos que a matriculación é nestes casos por orde de chegada a secretaría.

As persoas que desexen matricularse en prazas liberadas (vacantes) empregarán o anexo I (para o réxime ordinario) ou o anexo II (para réxime de adultos), segundo corresponda, da orde do 15 de xullo de 2016 de admisión.

Distribuir contido