Skip to Content

ERASMUS+

Erasmus+

CARTA ERASMUS PARA EDUCACIÓN SUPERIOR 

A Carta é un documento asinado pola Comisión Europea, no que se establecen os principios fundamentais que hai detrás de todas as actividades Erasmus.

O 11 de decembro de 2013 o I.E.S. Fernando Blanco obtivo a  Carta Erasmus para Educación superior para todo o período de duración do Programa Erasmus+ (2014-2020) a cal habilita ao centro a realizar mobilidades de estudantes para realizar prácticas en países da Unión Europea.

PRESENTACIÓN DEL PROGRAMA ERASMUS (ESPAÑOL)

PRESENTACIÓN  DO PROGRAMA ERASMUS (GALEGO)

 INTRODUCTION TO ERASMUS PROGRAM (ENGLISH)

 

 OBXECTIVOS DO PROGRAMA ERASMUS+

OBXECTIVO XERAL

O programa Erasmus+ deberá contribuír á consecución de:

Os obxectivos da Estratexia Europa 2020, incluído o obxectivo principal sobre educación.

Os obxectivos do Marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación (ET 2020), cos indicadores de referencia correspondentes.

O desenvolvemento sustentable dos países asociados no campo da educación superior.

Os obxectivos globais do Marco renovado para a cooperación europea no ámbito da mocidade (2010- 2018).

O obxectivo do desenvolvemento da dimensión europea no deporte, en particular o deporte de base, en consonancia co Plan de Traballo da Unión para o Deporte.

A promoción dos valores europeos, de conformidade co artigo 2 do Tratado da Unión Europea.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Os obxectivos específicos que persegue o programa Erasmus+ no ámbito da educación e a formación son:

Mellorar o nivel de aptitudes e competencias clave, tendo especialmente en conta a súa pertinencia no mercado de traballo e a súa contribución á cohesión da sociedade, en particular por aumentar as oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe e reforzar a cooperación entre o mundo da educación e a formación e o mundo laboral.

Impulsar as melloras na calidade, a excelencia na innovación e a internacionalización nas institucións de educación e formación, en particular potenciando a cooperación transnacional entre os provedores de educación e formación e as outras partes interesadas.

Promover a aparición e a concienciación dun espazo europeo de aprendizaxe permanente deseñado para completar as reformas das políticas nacionais e para apoiar a modernización dos sistemas educativos e de formación, en particular impulsando a cooperación política e mediante un mellor uso das ferramentas de transparencia e recoñecemento da UE e a difusión das boas prácticas.

Potenciar a dimensión internacional da educación e a formación, en particular mediante a cooperación entre o programa e as institucións dos países asociados no ámbito da FP e na educación superior, aumentando o atractivo das institucións europeas de educación superior e apoiando a acción exterior da UE, incluídos os seus obxectivos de desenvolvemento, mediante a promoción da mobilidade e a cooperación entre o programa e as 28 Guías do Programa institucións de educación superior dos países asociados e o desenvolvemento das capacidades previstas nos países asociados.

Mellorar o ensino e a aprendizaxe das linguas e promover a ampla diversidade lingüística da UE e a sensibilización intercultural.

PROGRAMA ERASMUS

O programa Erasmus ten como obxectivo atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e na formación profesional de nivel terciario, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación.

As accións que se poden a levar a cabo no I.E.S. fernando Blanco dentro do programa Erasmus son as de mobilidade de estudantes en prácticas, que consisten na realización dun período de prácticas (normalmente a Formación en Centros de Traballo) durante un período de tempo nunha empresa doutro país europeo).

O período de prácticas consiste na estadía durante un tempo nunha empresa  doutro país, e ten por finalidade contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social do país en cuestión ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral.

 

CRITERIOS DE ELIXIBILIDADE

Poderán participar estudantes de 2º Curso de Ciclo Superior do I.E.S. Fernando Blanco para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo, outorgándose pleno recoñecemento ao período de prácticas no estranxeiro.

Os candidatos deberán ter superado todos os módulos do ciclo.

Terán prioridade os estudantes con mellores cualificacións.

Valorarase o coñecemento do idioma do país de destino.

 

CRITERIOS DE ELIXIBILIDADE PARA O PROFESORADO

 

Convocatoria 2021-2022 profesorado 

Impreso de solicitude de participación do profesorado

 

 CICLOS E MÓDULOS PROFESIONAIS IMPARTIDOS NO CENTRO

CICLO FORMATIVO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS:

Documentación xurídica e empresarial

Créditos ECTS: 6

Selección e formación de recursos humanos

Créditos ECTS: 6

Ofimática e proceso da información.

Créditos ECTS: 12

Proceso integral da actividade comercial

Créditos ECTS: 11

Comunicación e atención ao cliente

Créditos ECTS: 12

Inglés.

Créditos ECTS: 7

Xestión de recursos humanos

Créditos ECTS: 6

Xestión financeira

Créditos ECTS: 7

Contabilidade e fiscalidade

Créditos ECTS: 7

Xestión loxística e comercial

Créditos ECTS: 6

Simulación empresarial

Créditos ECTS: 8

Proxecto de administración e finanzas

Créditos ECTS: 5

Formación e orientación laboral

Créditos ECTS: 5

Formación en centros de traballo.

Créditos ECTS: 22

 

POLÍTICA LINGÜÍSTICA.

O centro ten unha clara política lingüística cuxos valores principais son a tolerancia cara todas as linguas e culturas e o recoñecemento da riqueza que para o alumno supón o coñecemento de diversas linguas.

Por iso unha das prioridades da nosa institución é a promoción e a ensinanza de diversas linguas ao alumnado para poder incrementar a empregabilidade do mesmo.

A política lingüística do noso centro implica o compromiso da dirección coa ensinanza de diversas linguas ao entender que as mesmas enriquecen o currículo do  alumnado de xeito significativo.

 

 

POLÍTICA DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS POR REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO.

 

As prácticas realizadas no estranxeiro e satisfactoriamente completadas serán recoñecidas polo instituto exactamente igual que as  prácticas que fosen realizadas nunha empresa española.

O período de  prácticas realizadas no estranxeiro terá igual duración que se as mesmas se realizasen en España.

As prácticas realizadas no estranxeiro convalidaranse co período de prácticas que se debe realizar para a obtención do título de Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas.

Para realizar a devandita convalidación, as prácticas no estranxeiro seguirán o mesmo procedemento que se as mesmas se realizasen con empresas españolas, nomearase un titor ou titora no centro de traballo e un titor ou titora docente, ambos os dous  serán os encargados de supervisar a realización das prácticas, unha vez que o alumnado regrese se realizarán os trámites necesarios para a convalidación dese período de prácticas no estranxeiro, ademais proporcionaráselle ao alumnado un documento Europass e un Pasaporte das Linguas.

Pola realización da totalidade das prácticas no estranxeiro concederase un total de 22 créditos FCTS, pola realización dunha parte das prácticas no estranxeiro  concederase a parte proporcional de créditos FCTS que correspondan.

 

CONTACTO CARTA ERASMUS.

 

Enderezo:

Avda. Fernando Blanco, 99

15270 CEE - (A CORUÑA)

Teléfono:

881880467

Correo electrónico:

ies.fernando.blanco@edu.xunta.es

 

 

CONVALIDACIÓN DE CRÉDITOS POR REALIZACION DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO.

A institución ten o compromiso de convalidar as prácticas que o alumnado realice no estranxeiro polas que debería realizar para a obtención do título de Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e finanzas.

As prácticas no estranxeiro satisfactoriamente completadas serán recoñecidas polo centro exactamente igual que se fosen realizadas en territorio español.

Pola realización da totalidade das prácticas no estranxeiro convalidaranse 22 créditos FCTS, pola realización dunha parte das prácticas no estranxeiro convalidarase a parte proporcional de créditos FCTS que correspondan.

 

PROGRAMA DE PREPARACIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL PARA ALUMNADO SAÍNTE.

Crearase un curso para preparar ao alumnado que desexe realizar prácticas no estranxeiro:

O programa do devandito curso é o seguinte:

- Presentacións.

- Conversas telefónicas.

- Correspondencia formal e informal.

- Conversas habituais no día a día.

- Cultura xeral.

Carta Erasmus 2014-2020

 

Distribuir contido


by Dr. Radut