Skip to Content

Conferencia: Con-sumo coidado

A conferenciante durante a súa intervención

Este xoves 28 de novembro houbo unha conferencia titulada Consumo coidado, impartida por Miriam Romero Traba, dentro do programa de actividades O mes da Fundación.

Esta actividade estaba orientada ao alumnado da ESO e asistiu alumnado do noso centro, así como dos CPR Manuel Rial e do IES Agra de Raíces.

Miriam Romero é educadora social especializada en prevención de condutas aditivas da Asociación Vieiro.

A Asociación Antidroga Vieiro de Carballo é unha entidade creada no ano 1991 e que ten coma fins promover, axilizar, xestionar e fomentar axudas a persoas drogodependentes, e, ao mesmo tempo, tratar todo o que estea relacionado coa prevención, uso e consumo de drogas.
 
Vieiro pon a disposición das familias, dos mozos e das mozas, un instrumento de información e formación co fin de que poidan resolver os problemas relacionados con calquera clase de adicción.
 
Para poder conseguir os seus fins contan con módulos que operan na defensa social, desenvolven actividades no campo da orientación ás familias, aos toxicómanos e alcólicos, e realizan campañas de información, prevención e fomento de actividades culturais e deportivas.
Un aspecto do salón de actos durante a charla
 
En canto aos temas a tratar nesta conferencia, Miriam falounos do que son as drogas, incidindo no alcol, no tabaco e no cannabis, e abordou os sinais para detectar unha adicción.

 

 



page | by Dr. Radut