Skip to Content

Cúpulas de Leonardo

Montando a cúpula

O noso centro conta estes días coas pezas da exposición itinerante do MMACA (Museo de matemáticas de Cataluña) que en colaboración con AGAPEMA (Asociación galega de profesores de matemáticas) percorre os centros educativos galegos.
 
A actividade consiste en levantar modelos de cúpulas xigantes con pezas de 50cm sen ningún tipo de suxeción e que se manteñen grazas á gravidade e ó encabalgamento mútuo dos segmentos; coñécense como estruturas recíprocas e denomínanse de Leonardo porque en multitude de documentos de Leonardo da Vinci atópanse os primeiros esquemas destas estruturas.
 
Montando a cúpula
O alumnado que está traballando na cúpula

 



page | by Dr. Radut