Skip to Content

British English & American English

Charlotte E. Graver e William Poss

Preciosa a experiencia que está a ter o alumnado do IES Fernando Blanco, de aprendizaxe da lingua e das culturas británica e estadounidense.

O alumno William Poss, de Marblehead (Massachusetts), está estudando un semestre en España e faino nun dos grupos de 1º de bacharelato do Fernando Blanco.

Charlotte Emily Graver, de Lincolnshire (Inglaterra), é a auxiliar de conversa do centro educativo este curso.

O alumnado do centro participa de encontros con ambos os dous nos que teñen a oportunidade de coñecer máis sobre os diferentes sistemas educativos, a súa cultura, costumes, intereses, etc.

Un momento da exposición

Tras a súa exposición, o alumnado participa nun debate no que xorden interesantísimos puntos de vista e diferentes reflexións e onde a interculturalidade así como o respecto ao diferente van da man.

Tanto William como Charlotte describen a súa experiencia na nosa comarca como altamente interesante e recomendable e desde o IES Fernando Blanco non podemos estar máis contentos con esta riqueza lingüística e cultural a disposición do alumnado de moitas das ensinanzas aquí impartidas.



page | by Dr. Radut