OS BENXAMÍNS DO INSTITUTO VISITAN CANTABRIA

O alumnado de 1º ESO realizou a súa viaxe de fin de curso os días 12, 13 e 14 de xuño.

O primeiro día deron un paseo pola praia das Catedrais e visitaron El Capricho de Gaudí en Comillas, para finalmente instalarse en Santillana del Mar. Un día despois, estiveron no Parque de Cabárceno e fixeron unha visita ao Museo Marítimo de Santander. Xa de regreso, o día 14, tiveron tempo para adentrarse nunha mina e visitar o Museo da Minería de El Entrego-Langreo, así como para dar un paseo pola vila de Ribadeo.

Pasárono realmente ben, pero o mellor desa viaxe foi a sensación que ían deixando ao seu paso, xa que por onde pasaban foron felicitándonos polo bo comportamento que tiñan (cousa, por outra parte, habitual no alumnado deste instituto). Ás veces só reciben os reproches ás súas condutas, por iso, de cando en vez, tamén hai que felicitalos: parabéns, rapaces e rapazas!!