VEN Á FP AO IES DE FENE

Aínda quedan prazas libres nalgúns dos ciclos formativos que se imparten no centro, a partir do día 26 de setembro libéranse algunhas prazas ás que poden optar todas aquelas persoas que teñan titulacion de graduado en ESO, é dicir, que teñan superado o 4º curso de ESO ou ben que conten cun título dunha das modalidades de FP Básica e fosen propostos para a titulación de ESO. (Para mais información, podedes chamar ao instituto ao tf 981 360 300)

Son ciclos con importantes perspectivas de futuro, pois a pesar de contar con numerosas saídas laborais debido aos requerimentos da sociedade e do tecido industrial actual, non son os máis demandados á hora de realizar a matrícula.

Ademáis no IES de Fene os estudantes de FP Poden optar a unha das becas que se solicitan cada ano para realizar as prácticas de empresa no estranxeiro Erasmus+, constituíndo esta unha experiencia altamente enriquecedora, tanto dende o punto de vista profesional como persoal, tal e como nos contan os alumnos que tiveron a oportunidade de disfrutar dunha destas becas. Nesta mesma web poden verse vídeos e presentacións realizados por eles nas que relatan as súas experiencias 

Mantemento electromecánico Instalacións frigoríficas e de climatización Instalacións de producción de calor

• Técnico en mantemento electromecánico

Currículo e perfil profesional

•Técnico en instalacións frigoríficas

Currículo e perfil profesional

 

• Técnico en instalacións de calor

Currículo e perfil profesional