Os soños na gaiola
Información sobre o libro
Enviado por Anónimo o Xov, 15/12/2011 - 09:21Título: Os soños na gaiola
Autor: Manuel María (1929-2004)
Ilustrador: Xaquín Marín
Editorial: Xerais
Resumo: Este é un libro de poemas sobre o mundo galego e rural especialmente dedicado aos nenos. Hai poemas de temática natural protagonizados polo sol, a lúa, o arco da vella, o mar, o río, o vento. Poemas nos que falan os obxectos (as campás, o barco, o foguete), os xogos (a boneca, a roda-roda) e as persoas (o labrego, o pastor, o afiador, o soñador). E outros dedicados á nosa fauna: a bolboreta, a vaca, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, as andoriñas, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil.
Máis información:
Fundación Manuel María: www.manuelmaria.com/portada.htm
Xaquín Marín: www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=28
