Escolares

CALENDARIO FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE

MÉRCORES 19 E XOVES 20 DE DECEMBRO REALIZARANSE AS AVALIACIÓNS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

O VENRES 21, DESENVOLVERASE O SEGUINTE HORARIO ADAPTADO:

CHARLA CON QUICO, GUERRILLEIRO ANTIFRANQUISTA

CONTACONTOS CON CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Celso Fernández Sanmartín leva xa tempo recollendo historias dos nosos maiores para ofrecernos contos baseados no mundo tradicional das nosas vilas e aldeas e relatados con toda a riqueza oral da nosa lingua. O martes 29 de maio, os rapaces de 1º e 2º da ESO e de PCPI tiveron ocasión de desfrutalas, nunha actividade organizada polo EDLG.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

CHARLA CON CARLOS PARRADO, AUTOR DE "CURUXÁS, O GUERRILLEIRO QUE NON CAZOU FRANCO"

O luns 28 de maio visitou o noso instituto Carlos Parrado, autor do libro "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco". Tras un pequeno documental sobre a guerrilla antifranquista, Carlos explicoulles a formación e vida de Ramón Rodríguez Varela, "Curuxás", aos rapaces do club de lectura de 3º ESO, ao alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacharelato e aos rapaces de Humanidades de 2º Bacharelato. Trala charla houbo un coloquio co autor.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Ficha do libro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/category/22/178

CONFERENCIA DE X. L. BARREIRO RIVAS

 

No marco do ciclo de actividades organizadas polo EDLG "En galego en tódolos ámbitos", o 14 de maio o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato B e C e 2º Bacharelato A e B asistiron á conferencia "Política e economía nas sociedades avanzadas: por que estamos na crise e como sair dela", a cargo de X. L. Barreiro Rivas. Trala charla houbo un pequeno coloquio no que profesores e alumnos intercambiaron os seus puntos de vista co conferenciante.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

O EDLG en colaboración co Dpto. de Música organizou para o día 11 de maio un obradoiro de instrumentos tradicionais galegos no que participaron os rapaces de Música de 4º ESO B e C e o alumnado de PDC.

IMAXIN SOFTWARE

 

No marco do proxecto do EDLG "En galego en tódolos ámbitos", Xosé Pichel de Imaxín Software, empresa galega de desenvolvemento e consultoría informática, acudiu ao noso centro para falarnos das vantaxes do galego para o mundo das telecomunicación e da empresa. Esta actividade celebrouse o día 9 de maio e acudiron aos alumnos de 3º ESO E, 4º ESO, 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato B.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Artigo do blog Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article972

CHARLA DE BEGOÑA VILLAVERDE (USC): "FRAUDES FISCAIS FAMOSOS"

O día 26 de abril Begoña Villaverde, investigadora de Dereito da USC faloulles aos rapaces de 4º ESO e 2º Bacharelato sobre un fenómeno de grande interés: a fraude fiscal. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto do EDLG "En galego en tódolos ámbitos".

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

Artigo no blog Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article970

Distribuir contido

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Xuño 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA FCT ... (CONSULTA)

E PUNTUACIÓNS...(CONSULTA)

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 14 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA