SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA (DEPARTAMENTO DE MÚSICA)

                                                


O día 17 de marzo os alumnos de 3º da ESO (grupos C e D) e 4º da ESO (grupos B e C) foron ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nunha saída organizada polo Departamento de Música. Alí participaron nas seguintes actividades:


  • Concerto didáctico "En torno a Bach", a cargo da Real Filarmonía de Galicia.

  • Visita guiada á exposición de fotografía "Korda: coñecido, descoñecido".

  • CHARLA CON LUIS MENÉNDEZ (EDNL)

    O pasado 10 de marzo visitou o noso instituto Luis Menéndez, director da serie documental "Terras de acolá", invitado polo ENDL. Esta serie, emitida pola TVG, ten como obxectivo dar a coñecer a cultura, paisaxes e modos de vida dos oito países lusófonos. Falounos da complexidade da realización dun documental destas características e das súas experiencias nestes países.


    Pinchade AQUÍ para ver as fotos. Tamén tedes varios vídeos da charla. Dádelle ao botón avanzar para pasar ao seguinte.



    sentímolo, flash non está dispoñible.

    sentímolo, flash non está dispoñible.

    sentímolo, flash non está dispoñible.

    sentímolo, flash non está dispoñible.

    sentímolo, flash non está dispoñible.

    sentímolo, flash non está dispoñible.

    A "CASA DE BERNARDA ALBA"

    O martes 15 de marzo os alumnos de 4º da ESO e os de 3º ESO A asistiron á representación da obra de Federico García Lorca "A casa de Bernarda Alba" no Colexio La Salle, en Santiago de Compostela. Esta saída foi organizada dende o Departamento de Lingua Castelá polos profesores José Maroño, María Míguez e María Rodríguez.

    SEMANA DE REPARTO DE FROITA FRESCA ENTRE O ALUMNADO DE 1º E 2º de ESO

    Dentro do desenvolvemento do Plan de consumo de froitas nas escolas, suscrito co Fondo Galego de Garantía Agraria polo noso centro para o presente curso, estase a realizar nesta semana un novo reparto de froita entre o alumnado de 1º e 2º de ESO. O luns 14 repartíronse mazáns, o martes plátanos, hoxe mandarinas, mañá, xoves, mazáns e o venres, de novo e debido á súa aceptación, mandarinas. Que aproveite!

    SEMANA DAS CURTAS (28 de febreiro-3 de marzo)


    Do 28 febreiro ao 3 de marzo acollemos no noso centro"A Semana das Curtas", unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.

    DOAZÓN DE SANGUE


    O xoves 17 de febreiro recibimos a Pilar Sobrino Butragueño, do Centro de Tranfusión de Galicia. Falounos da importancia de doar sangue e do proceso que se segue para a súa utilización nos centros hospitalarios. Picade aquí para enlazar coa páxina web do Centro de Transfusións de Galicia, onde atoparedes máis información e o calendario de desprazamentos da unidade móbil.

    PROXECTO ANOCA

    Non esquezades consultar o blog do proxecto ANOCA. Neste enlace tedes a referencia á visita que fixeron ao noso centro e aquí a información para facer a actividade posterior á charla. A través do blog tamén podedes contactar cos internos que nos visitaron e facerlles as preguntas que vos quedaron por facer na charla.

    PROXECTO ANOCA (APRENDER NO CÁRCERE)


    O profesorado do EPAPU de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da súa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade. Ten como obxectivos achegar os adolescentes ao mundo dos internos para evitar que comentan os mesmos erros e, ao mesmo tempo, potenciar as dinámicas de reeducación e reinserción dos alumnos do EPAPU, mediante o contacto coa realidade dos adolescentes e a creación de estratexias de axuda mutua.


    Dado o éxito colleitado noutros centros educativos durante o curso pasado, o noso centro decidiu sumarse a esta iniciativa durante o presente curso. O día 8 de febreiro membros do profesorado do EPAPU de Teixeiro, acompañados por internos previamente validados polo Centro Penitenciario, darán unha charla-coloquio dirixida aos alumnos de 3º da ESO A e C, 4º da ESO A e C e PCPI, a partir das 12:30, no Salón de Actos.


    LIBROFÓRUM CON MARÍA MENÉNDEZ-PONTE (Departamento de Lingua Española)


    O luns 1 de febreiro recibimos a María Menéndez-Ponte, que conversou cos alumnos de 2º de ESO sobre a súa novela "Nunca seré tu héroe", sobre o oficio de escribir e moitos outros temas que lles plantexaron os nosos rapaces.

    DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


    Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, o luns 31 de xaneiro virá ao noso centro María José Escurís Reinoso, da Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Falaralle aos alumnos de 1º ciclo da ESO da situación do Sáhara occidental para explicarlles a importancia do respecto aos dereitos humanos.


    As charlas terán lugar de 16:20 a 17:10, para os alumnos de 1º da ESO, e de 17:10 a 18:00 para os alumnos de 2º da ESO.


    Distribuir contido

    DOCUMENTOS DO CENTRO

    TIL

    Plurilingüismo

    •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

    Violencias de Xénero (25N)

    Eventos

    « Outubro 2019 »
    LunMarMérXovVenSábDom
    123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031

    Erasmus+

    felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

    ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

    erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

    CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

    BASES MOVILIDADE (consulta)

    CONVOCATORIA 19-2(consulta)

    SOLICITUDE  (consulta)

    CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

     

     

    SCRIPTA MANENT

    ENDL (Norm. lingüística)

    Usuarios conectados

    Agora mesmo hai 0 usuarios e 16 invitados conectados.

    TITORÍA ENTRE IGUAIS

    RIANXO RADIO

    REMEMBERING CANADA