MEDIDAS COVID
Lémbrase que, ante a situación sanitaria xurdida como consecuencia da COVID-19, o alumnado non pode asistir ás aulas nos seguintes casos:
- Presentar síntomas compatibles coa COVID-19. Nese caso debe poñerse en contacto co seu médico ou médica de cabeceira e seguir as indicacións que este lle dea.
- Estar á espera dunha proba médica relacionada coa COVID.
- Convivir con unha persoa que está á espera dos resultados dunha proba.
- Convivir con unha ou varias persoas con COVID
Así mesmo, débese informar ao centro dos días en que o alumno ou alumna vai estar confinado/a e do resultado positivo ou negativo das probas, para podermos actuar de forma rápida e eficaz.
Estas medidas pódennnos axudar a todas e a todos a superar esta situación e a evitar espallar a enfermidade. Desde o IES Félix Muriel sabemos que non estamos sós e contamos coa súa colaboración.
Sorte e ánimo.
- APIs de Blogue