VIAXA POR EUROPA

Tes 18 anos e moitas ganas de aventuras? Pois prepáraTe!
 
O vindeiro 7 de novembro a Comisión Europea pon en marcha unha nova edición da iniciativa DiscoverEU que outorgará billetes gratuítos para viaxar gratis por Europa. DiscoverEU é un proxecto da UE destinado a axudar ás persoas mozas de 18 anos a viaxar, coñecer os países que forman a Unión Europea e percorrelos para comprender mellor a diversidade do noso continente, gozando da súa riqueza cultural e facendo novos amigos.
 
Desde que se puxo en marcha a primeira edición en xuño de 2018, 50.000 mozos europeos viron a oportunidade de cumprir o seu soño, a través dunha viaxe gratuíta para percorrer diferentes países de Europa.
 
A maior parte da viaxe debe facerse en tren, aínda que para dar o maior acceso posible a todos os lugares, os bonos de viaxe tamén incluirán modos de transporte alternativos como autobuses ou ferris. En casos excepcionais, e cando non existan outros medios de transporte, autorizaranse as viaxes en avión. Deste xeito, os mozos que vivan en zonas remotas ou en illas teñen tamén a oportunidade de participar.
 
As viaxes deberán realizarse entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2020 e todos deberán ter unha duración mínima dun día e máxima de 30 días, e deberán comezar nun país que sexa Estado membro da Unión Europea.
 
Como participar?
 
Para poder ser admitido é necesario ter 18 anos cumpridos (nacer entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2001, ambos inclusive) así como ter a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea no momento da decisión de adxudicación.
 
Todos os candidatos que sexan elixidos para participar nesta iniciativa converteranse en embaixadores de viaxe de DiscoverEU, polo que deberán contar as súas experiencias de viaxe a través de redes sociais como Instagram, Facebook ou Twitter, utilizando a etiqueta # DiscoverEU.
 
Esta iniciativa permite engadir ata catro amigos ao grupo de viaxe e combinar plans de viaxe con outros participantes do programa. Se estás interesado en formar parte desta nova convocatoria de DiscoverEU, poderás inscribirte entre o 7 e o 28 de novembro de 2019, a través do formulario de candidatura online que estará dispoñible na páxina web oficial de DiscoverEU a partir desa data.
 
E se tes algunha dúbida, mándanos a túa consulta ao correo eurodesk@injuve.es e tentaremos axudarche.
 
Ligazóns externas:
 
Portal Europeo de Mocidade. DiscoverEU
 

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA