ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS DE FÍSICA -QUÍMICA E TECNOLOXÍA

Os Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía non pararon estes días.

O 17 deste mes de novembro os alumnos de 4º ESO visitaron Galiciencia acompañados das profesoras Mónica Iglesias e Pilar Torres.  Arredor dela, organizáronse  de forma paralela,  talleres e espectáculos, relacionados este ano 2016 coas matemáticas.

 Coma sempre, viñeron  encantados e con desexos de voltar.

O día 22 os alumnos de 1º e 2º de BAC visitaron e participaron nun obradoiro nas Facultades de Minas, Química, Ciencias do Mar e Bioloxía da Universidade de Vigo. A actividade tamén foi coordinada polas mesmas profesoras. Incansables! Todo un éxito!