Se é importante entrenar os hábitos de traballo, exercitar a atención é un dos entrenamentos fundamentais, xa que unha deficiente  capacidade de atención  interfire na propia aprendizaxe e por suposto no rendemento académico.

Na aprendizaxe, a atención permíteche seleccionar o máis importante do que se quere aprender. A través da atención centrámonos nun estímulo de entre todos os que hai a noso arredor e ignoramos todos os demais.

A concentración é unha das habilidades  fundamentais no proceso de coñecemento, pode entenderse como a capacidade de manter a atención nunha tarefa durante o tempo que sexa necesario.

A memoria é  a facultade mental que nos axuda a comprender o mundo que nos rodea, almacenando información para logo poder comprendela .

É importante estimular estas habilidades para mellorar a aprendizaxe e o rendemento académico, para elo ides ter exercios e xogos que vos permitirán exercitalas de xeito ameno, espero.