Skip to Content

Segundo trimestre

Entroido

Este curso no IES Faro das Lúas organizouse en entroido un concurso de decoración que foi todo un éxito. Aquí tendes algunhas fotos desta actividade.

 

Exposición célula

O Departamento de bioloxía organizou unha exposición sobre a célula. Os carteis e as reproducción das células realizáronnas os alumnos e alumnas de terceiro de ESO.

 

Celebración do día escolar da non violencia e da Paz.

O día 30 de xaneiro, os Departamentos de Inglés e de francés organizaron unha exposición “Peace & Paix”. Nesta os alumnos recopilaron as cancións de paz, dos dous idiomas, máis coñecidas e recolleron a letra e biografía do intérprete para logo ofrecer uns paneis que luciron nos corredores do centro.

 

 

Concerto didáctico de DAVID REGUEIRO SWINGTET

No mes de xaneiro David Regueiro e o seu grupo de jazz David Regueiro Swingtet ofreceron un concerto didáctico para o alumnado do instituto.

 

Deixámosvos aquí o vídeo da canción They can't take that away from me que interpretaban por primeira vez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut