Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

PROTOCOLO COVID-19 DO IES EUSEBIO DA GUARDA PARA O CURSO 2020-21

 

PROTOCOLO COVID-19 DO IES EUSEBIO DA GUARDA PARA O CURSO 2020-21

 

RECORDATORIO DE NORMAS COVID. 18 xaneiro de 2021 

Estase a recordar ao alumnado as normas do protocolo COVID. Aproveitamos tamén para informar ás familias:

ORDEN do 26 de xaneiro de 2021, punto 1.5 do Anexo (DOG do 26 de xaneiro):  “As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por ter infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible co COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas dende os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio o lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servicio sanitario por causas debidamente xustificadas”. Nestos caos pregámoslles que se poñan en contacto coa Dirección do centro antes de enviar aos seus fillos ou fillas ao instituto. 


Ante calquera síntoma, sexa cal sexa, NON SE PODE ACUDIR AO INSTITUTO, aínda que haxa exames. Neste caso, as ausencias serán comunicadas e xustificadas polas familias mediante chamada ou correo electrónico.

Ventilación máxima nas aulas en todo momento.

Non pode haber intercambio de material entre o alumnado.

Cada alumno/a estará no seu sitio á entrada, saída e durante as clases, sen desprazarse pola aula. O alumnado de bacharelato pode quedarse na aula durante os recreos para estudar, sempre no seu sitio.

Non se pode ir a outras aulas.

Nos corredores, escaleiras… o alumnado desprazarase en fila, mantendo a distancia de seguridade e sen deterse.

No Instituto, recreos (patio, pista…) e fora do centro, hai que seguir cumprindo as normas: máscara, distancia de seguridade…


Protocolo de actuación COVID-19 do IES Eusebio da Guarda (actualización do 8 de outubro).

Plan de continxencia

Vídeo de ventilación das aulas controladas con medidores CO2

  

 

---------------------------------------------------------------

NOTA: Ante a posibilidade de aparición de casos confirmados de positivo de COVID19, esta Dirección seguirá o protocolo establecido polas autoridades sanitarias, que respecta a Lei de Protección de Datos. Os responsables dos centros educativos o serán tamén de gardar a confidencialidade en caso de que un/unha alumno/a dea positivo en coroavirus polo que  o Centro debe protexer o seu anonimato e evitar estigmatizalo/a. O persoal do centro docente, tal como é preceptivo para os traballadores do sistema sanitario, deberá observar en todo momento o tratamento confidencial da identidade e datos dos casos que sexan sospeitosos ou confirmados.
De forma inmediata, comunicarase a incidencia ás Xefaturas Territoriais de Educación e de Sanidade. Esta última poñerase en contacto coas familias que poderían verse afectadas.
Este curso necesitamos de forma especial o apoio de toda a Comunidade Educativa para superar as complicacións que xurdirán, pero o Eusebio está a poñer e actualizará todas as medidas para minimizar o efecto desta pandemia.

---------------------------------------------------------------

Vídeo de medidas individuais no Instituto:

 Vídeo Medidas de circulación no Instituto:

 

 

 

 

 
AdxuntoTamaño
PROTOCOLO DE ACTUACION COVID19 17-02.pdf1.52 MB
PLAN DE CONTINXENCIA COVID 17-02.pdf63.95 KB


blog | by Dr. Radut