A Bioloxía e Xeoloxía é unha das materias que estudarás este ano. Espero que che decates desde ben ao principio que a materia é moito máis que simplemente unha "materia". É o que fai a un miñato voar, a un gusano metaformosearse en mariposa. É o estudo do que nos rodea, no Universo e do noso planeta, e de como nós respondemos ao mundo ante os retos que nos presenta, un mundo que cambia coas accións dos seres vivos. Pero hai máis... A Bioloxía e Xeoloxía pertences ás ciencias... polo que un dos obxectivos deste curso será que investiguedes. Moitos científicos diranche que non hai nada máis excitante que o traballo de investigar, o que converte cada día nunha experiencia única, nunha nova aventura. 

Pensa que agora pertences a ese grupo de persoas que trata de entender e interpretar os fenómenos naturais que lles rodean. Para iso elaborás modelos explicativos coherentes, aprenderán algúns outros xa elaborados que sentan as bases para un extraordinario avance científico e tecnolóxico. Estes avances ás veces supoñen melloras para a sociedade, pero tamén riscos para o equlibrio dos nosos ecosistemas que sustentan a vida. 

Espero que disfrutedes do curso e das novas aprendizaxes que vos iredes atopando a medida que avance.