Eleccións Consello Escolar

O día 29 de novembro terán lugar as eleccións ao Consello Escolar do IES Espiñeira.

Este ano renovaranse:

  • Tres membros representantes de nais e pais (Un deles reservado a un membro da ANPA)
  • Dous membros representantes do profesorado
  • Un membro representante do alumnado
  • Un membro representante do P.A.S
  • Membro do Concello (Membro nominal, non electo)

Para o desenvolvemento do proceso electoral, a mañá do mércores 2 de novembro, reunida a xunta electoral, acordouse:

1. Aprobar provisionalmente o censo de electores (poden consultalo no taboleiro de anuncios do centro)

2. Aprobar o calendario electoral (pinche aquí)

3. Solicitar o nomeamento de representantes ao Concello e á ANPA do centro.

 

Todas as persoas interesadas en presentarse como representantes no Consello Escolar deben cubrir a seguinte solicitud e facerlla chegar a xunta electoral, de forma presencial ou por correo (ies.espineira@edu.xunta.gal) antes do día 11 de novembro.

INSCRIPCIÓN CANDIDATURA