ENTREGA CUALIFICACIÓNS E MATRÍCULA SETEMBRO

Informamos que a entrega de notas realizarase o día 06/09/2021 nas aulas de referencia habituais ás 13:30 horas. Para a matrícula do seguinte curso (so do alumnado que teña que realizar exames de setembro) procederase seguinte xeito:

  • Alumnado que quere matricularse en ESO / Bacharelato / 2º FPB: Entregaráselle un sobre de matrícula o día da entrega de notas (día 06/09/2021), que deberán entregar cuberto no centro o día 07/09/2021, habilitarase un espazo no recibidor do Salón de Actos (planta baixa) para que se deposite o sobre en horario de 10:00 a 13:00.
  • Alumnado que quere inscribirse nun ciclo de grao medio: Este alumnado recibirá igualmente as notas o día 06/09/2021 e deberá agardar ao día 07/07/2021 para facer a preinscrición ao ciclo que solicite. A preinscrición realízase de xeito telemático na seguinte dirección: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision, aínda que posteriormente é posible que teña que presentar documentación no instituto (a propia plataforma avisarálle). O prazo remata o día 09/07/2021 ás 13h. Se teñen calquera dúbida no proceso poden consultarnos.
  • Alumnado que quere inscribirse en 1º de Formación Profesional Básica: Deberán presentar no centro onde queren ser admitidos antes do día 10/07/2021 ás 13 h a solicitude segundo o Anexo I, xunto a mesma os menores de idade, agás que sexan repetidores de 1ºFPB no centro, deberán traer o Anexo IV (Documento que lle debe facilitar o centro educativo onde realizou o último curso, onde se recolle que o instituto/colexio e os pais están de acordo coa incorporación do alumnado á FP Básica).

Se teñen calquera dúbida póñanse en contacto con nós a través da vía que sexa da súa preferencia.