CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO DE FCT

Convocadas axudas económicas para o alumnado de ciclos formativos que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT). Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, de trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será do 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.

Para ver a orde completa preme na seguinte ligazón.