HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

Dende o Club de Lectura do IES Espiñeira queremos celebrar o Día do Libro con estas recomendacións dos nosos integrantes:

· Recomendación de LARA SAMPEDRO

Título: Made in Galiza

Autor: Séchu Sende

Eu recomendo este libro porque é moi divertido. Este libro non é só un libro, senón que son moitos contos diferentes. A única relación que teñen é que tratan sobre a lingua.

A min o relato que máis me gustou foi As linguas de fume, que trata sobre uns homes que están nun lugar, e cando acaba de morrer o seu amigo Suso fuman un porro de maría. Con cada calada que dan comezan a falar nun idioma estranxeiro.

· Recomendación de RIHANNA COTO:

Recoméndanos a saga: Los gatos guerreros

Trátase dunha serie de novelas fantásticas infantís e xuvenís, obra das escritoras Kate Cary, Cherith Baldry e Tui Sutherland e da editora Victoria Holmes, que se presentan co pseudónimo colectivo de Erin Hunter.

Son libros xuvenís. Hai moitas coleccións pero só dúas están traducidas. Chámanse: Los cuatro clanes e La nueva profecía

Na miña opinión: están moi ben, non se fan pesados e se che gustan léense bastante rápido.

Desexámosvos moitas e boas lecturas.