Skip to Content

Linguas clásicas

Alumnado de Proval en Roma

Entre o 9 e o 13 de abril, alumnado de Bacharelato viaxou a Roma, acompañado polas profesoras Isabel Álvarez e Pilar Gil, nunha actividade organizada polo Departamento de Linguas Clásicas.

 Selecciona a foto inferior para ver todo o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Roma

Teatro Grecolatino en Ourense

   O pasado 15 de marzo o alumnado de Linguas Clásicas e do Clube de lectura A tiro limpo asistiu en Ourense á representación dunha versión da Medea do traxediógrafo grego Eurípedes, representada polo grupo coruñés El ruiseñor.

 

  Preme aquí para ver as fotos desta xornada.

Pompeia, catástrofe debaixo do Vesubio

24 de agosto do ano 79 dC. O Vesubio entra en erupción e a lava soterra Pompeia.  ¿Queres coñecer como era a vida en Pompeia nese momento? Descúbreo na nosa bibloteca ou neste percorrido fotográfico.

Pompeia, catástrofe debaixo do Vesubio:  unha exposición organizada polo Clube de lectura A tiro limpo coa colaboración de alumnado de Xeografía e Historia de 1º de ESO e Linguas Clásicas de 1º Bacharelato.

Natale di Roma

 

  O pasado 21 de abril cumplíronse os 2769 anos da fundación de Roma.

 

   E para celebralo, dende o departamento de linguas clásicas organizaouse unha degustación de productos clásicos da gastronomía de Roma. Aqui pode verse unha escolma dos mellores productos que elaboraron alumnos de bacharelato e que poido degustar toda a comunidade educativa.

 

 

 

Edipo Rei

Edipo Rei de Sofocles. A terrible e triste historia dun home, pai e irmán dos seus propios fillos, fillo e esposo da mesma muller, que descobre que matou ao seu pai.

 

Unha auténtica traxedia grega á que, no marco das Xornadas de Teatro Grecolatino organizadas pola Sociedade Española de Estudios Clásicos, asistiron 49 alumnos de 4º ESO e 1º, 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi o 11 de abil no Auditorio de Ourense.

 Neste enlace pode consultarse a galería fotográfica deste envento.

Distribuir contido


by Dr. Radut