Skip to Content

Acto de graduación de 4º ESO

Mulleres na historia

Este ano, dentro da materia de Igualdade, o noso alumnado de 1º e 2º ESO foi instruído na creación de vídeos pola produtora creativa Illa Bufarda mediante o obradoiro de creación audiovisual "Mulleres na historia". Logo dunha primeira parte teórica no instituto, a rapazada tivo que elaborar unha escaleta para entrevistar a mulleres da familia ou da contorna que contaron as súas propias experiencias de vida. Como resultado deste traballo, velaquí tedes a montaxe final que recolle as vivencias de Rosita (Isis Acea), Charo (Noelia Carro), Belén (Daniel García), Margarita (Saray Prado), Olivia (Blanca Fernández), Ana María (Aitana Quintas), Carmen (Alba Rodríguez), Macarena (Dessiré González) e Loli (África Cuña). Moitas grazas a estas nove mulleres, testemuño vivo dun cacho da historia do Val Miñor, e parabéns ao alumnado que nos permititu visibilizalas!

 

SOLICITUDE CICLOS

Este ano non hai período de solicitude de ciclos superiores en setembro. Podedes consultar máis información na ligazón ciclosadmisión e na web da Consellería de Educación.

 

Concurso de fotografía Covid e medioambiente

Xa coñecemos as e os gañadores dos premios de fotografía "Covid e medioambiente"! Parabéns polas vosas imaxes, testemuño da nosa historia máis recente!!!

1º: Lucía Rodríguez (3º ESO

2º: Xoán Carballal (2º ESO)

3º: Lorena Diz (4º ESO)

 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

Publicada no DOG do 20 de maio, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo remata o día 22 de xuño de 2021 incluído.

alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO, cando a xuízo do centro docente, non poida utilizar os libros os libros do Fondo, recibirá un vale para libros e outro para material escolar en función do nivel de renda (agás o alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia para o que non se terá en conta o nivel de renda)

 

Formas de presentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario Anexo I dispoñible na aplicación informática fondolibros ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Máis información na páxina web da Consellería.

Como na convocatoria anterior, no caso de que opten por presentar a solicitude no centro, terán que previamente cubrir todos os datos na aplicación Fondolibros; logo deberán gardala para obter o número de solicitude e posteriormente imprimila para presentar na secretaría do centro xunto co Anexo II  (debidamente asinados) e o resto da documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

Para maior información sobre o proceso de xestión informática da solicitude, pode acceder ao Manual do cidadán a través da seguinte ligazón.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut