Skip to Content

Suspensión das clases e medidas para os centros

Ante as últimas noticias recibidas en relación á epidemia do Coronavirus, trasládase á comunidade educativa información pública anunciada polo Presidente da Xunta de Galicia:

A partir do próximo luns, 16 de marzo, suspéndense as clases en todos os niveis educativos durante un prazo de 14 días naturais.

A asistencia ás clases no día de mañán, 13 de marzo, será decisión das familias, aínda que se recomenda non asistir ás mesmas como medida de prevención. En todo caso, funcionará o servizo de transporte de xeito habitual. Así mesmo, os exames que estean pautados para mañán quedan supeditados a estas recomendacións, que teñen un rango superior.

Na páxina web da Consellería de Educación poden consultarse as medidas que se activarán nos centros educativos durante este período. En canto recibamos máis información, publicarémola nesta web, no servizo "abalar móbil" e nas redes sociais (facebook/instagram) do centro.

                                                                                   Daniel Ángel Mulet Pérez, director do IES Escolas Proval

 

 



book | by Dr. Radut