Skip to Content

PROBAS ABAU 2020

Calendario das probas ABAU 2020

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado do día 9 de xuño, dacordo coas modificacións do calendario deste curso que publicou a Consellería de Educación nas súas Instrucións do 27 de abril. O alumnado que titule dacordo con esas mesmas instrucións terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU). O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
10 ao 17 de xuñoPrematrícula para as
probas ABAU 2020
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
17 ao 19 de xuñoMatrícula para as
probas ABAU 2020
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
7 ao 9 de xulloRealización das
probas ABAU 2020

Por determinar
(publicación prevista o 24 de xuño)

Alumnado aspirante
16 de xulloCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
17-21 de xulloSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
23 de xulloCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
--Prematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
--Matrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
15 ao 17 de setembroRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU

C. Instrucións para o alumnado

D. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharelato e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

A descrición das modificacións establecidas para este curso nas probas descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 



page | by Dr. Radut