Iniciar sesión: Acceso

Reclamacións ás cualificacións

Reclamación ás cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2018/19

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º de bacharelato vén establecido pola Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 4 de maio) e pola Circular nº 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010.

 De acordo con esa norma, en primeiro lugar cómpre formular a reclamación perante a dirección do centro. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón .

 No curso 2018-2019 os prazos son os seguintes:

Convocatoria ordinaria

Presentación:  As reclamacións presentaranse por escrito dirixidas ádirección do centro no seguinte prazo: 22 e 23 de maio (ata as 14:00 horas).

Notificación da resolución: A comunicación da resolución entregarase por escrito ao alumno ou á alumna, se é maior de idade, ou aos seus representantes legais o 24 de maio ás 11:00 horas.

No caso de que o alumnado non estea conforme coa resolución emitida polo departamento, poderá solicitar por escrito no centro que a dirección remita o expediente de reclamación ao/á presidente/ada comisión de supervisión da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. O prazo para solicitalo será ata as 12:00 horas do día 27 de maio. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón. 

Convocatoria extraordinaria

Presentación: As reclamacións presentaranse por escrito dirixidas ádirección do centro no seguinte prazo: 25 e 26 de xuño (ata as 14:00 horas).

Notificación da resolución: A comunicación da resolución entregarase por escrito ao alumno ou á alumna, se é maior de idade, ou aos seus representantes legais o 26 de xuño ás 14:00 horas.

No caso de que o alumnado non estea conforme coa resolución emitida polo centro, poderá solicitar por escrito no centro que a dirección remita o expediente de reclamación ao/á presidente/ada comisión de supervisión da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. O prazo para solicitalo será ata as 14:00 horas do 27 de xuño. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón.

Reclamación ás cualificacións en ESO e 1º de BACHARELATO

PROCEDEMENTO

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais en ESO e 1º de bacharelato vén establecido pola

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Xaneiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031