O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar no Campionato de Bádminton, Fase Final, do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara oPavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 27 de abril de 2022, ás 9:15 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán alumnado de 3º ESO, que se clasificou na primeira fase.
A actividade é totalmente gratuíta.
O profesorado acompañante será:
- Yolanda Ferreiro
- Francisco Javier González
A relación de participantes clasificados para a fase final pódese consultar no foro de novas da aula virtual, no curso Educación Física de 3º ESO.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |