O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar nun Campionato de Bádminton do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara o Pavillón deportivo de SERRA DE OUTES, onde se realizará a proba, será o día 30 de novembro de 2021, as 9:20 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán o alumnado de 3º ESO, que se clasificou nos partidos que se desenvolveron no instituto. Neste caso estamos limitados a 10 prazas para a categoría cadete feminina e a 10 para a masculina.
A actividade é totalmente gratuíta
O profesorado acompañante será:
- María Yolanda Ferreiro Domínguez
- Francisco Javier González García
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |