Iniciar sesión: Acceso

INFORMACIÓN COVID

protocolo covid (31 de agosto)

O que temos que facer as familias cada mañá

Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I, que debe realizarse cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

ANEXO I

Comunicación de ausencias por sintomatoloxía COVID

No caso de que ao aplicar a enquisa do anexo I, se teña algún dos síntomas, comunicarase ao centro por algún dos seguintes medios:

CORREO E: covid@ieseduardopondal.org

tfno: 881866367

Haberá que indicar nome, apelidos e grupo do alumno ou da alumna.

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30