Infórmate

 

INICIO DE CURSO

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 no noso centro.

anexo (plano de accesos e circulación)

 

O inicio de curso será nas seguintes datas:

23 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 1º e 2º de ESO e 1º de BAC

24 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 3º de ESO e 2º de BAC

25 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 4º de ESO

O día 22 cada familia será informada en abalarmobil do grupo do seu fillo ou da súa filla.

O alumnado accedará ás aulas de referencia segundo os planos publicados no seguinte enlace.

Á primeira hora serán recibidos na aula polo seu titor/a. O resto da xornada lectiva discurrirá segundo o horario de cada grupo.

 

OS GRUPOS DE ESO SERÁN TODOS PRESENCIAIS.

NO BACHARELATO, CANDO O NÚMERO DE ALUMNADO DUN GRUPO SUPERE OS 25 ALUMNOS/AS, SERÁ SEMIPRESENCIAL COAS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS:

HABERÁ SEMPRE 25 ALUMNOS/AS EN CLASE E QUEDARAN EN CASA OS RESTANTES DE FORMA ROTATORIA DIARIA QUE PASO A EXPLICAR CUN EXEMPLO:

Un grupo de bacharelato con 26 alumnos/as. Cada día haberá en clase 25 e un/unha quedará en casa. Así cada alumno/a deixará de asistir ao centro 1 día de cada 25 lectivos.

 

A DIRECCIÓN

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet