Iniciar sesión: Acceso

Concursos que convocan o Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela)

COMPOS-FOTO 2016 (concurso de fotografía dixital). Este desafío pretende desenvolver a creatividade do alumnado tentando espertar neles un espírito crítico sobre os problemas medioambientais a nivel local e global.

COMPOS 3D 2016 (concurso de Modelado 3D). Pretende achegar aos xoves aos novos métodos de modelado 3D emerxentes, nun proxecto pedagóxico orientado a promover a capacidade tecnolóxica e artística combinada coa educación nos valores medioambientais.

 IDADES: alumnado de entre 14 e 17 anos dos centros de ensino regrado de Galicia (nados entre 1998 e 2001)

INSCRICIÓN:  a través da web  http://compostelamedraenverde.blogspot.com.es/ 

 PRAZO: Inscricións ata o 2 de maio. Envío de deseños 3D ata o 13 de maio

 TEMÁTICA: calquera relacionada co medio ambiente

  PREMIOS:

 COMPOS-FOTO 2016

 Para os mellores equipos de alumno e profesor: dúas cámaras (unha para o alumno e outra para o profesor, só se concederá un premio por profesor) modelo GoPro Hero 4 ou similar valorada en 400 euros

 COMPOS 3D 2016

 Para os mellores equipos de alumno e profesor: dúas tablets (unha para o alumno e outra para o profesor, só se concederá un premio por profesor) modelo Apple iPad Air 32 GB ou similar valorada en 550 euros.

 Para os centros educativos que acaden unha maior puntuación total: impresora 3D, modelo Bq Prusa i3 Hephestos ou similar valorada en 450 euros.

 ENTREGA DE PREMIOS: celebrarase unha cerimonia no Concello de Santiago de Compostela

 

 

 

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031