Skip to Content

CLASES DE PENDENTES DE MATEMÁTICAS 2023-24

As clases comezarán a próxima semana.

O alumnado levará a casa unha autorización que deberá traer asinada para asistir ás clases.

Entrega de notas e prazo de matrícula

MATRÍCULA 2023-24

Prazos

Do 26 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluídos.

Procedemento de matrícula

Xunto co sobre de matrícula, que se recollerá na conserxería do Centro, presentarase a seguinte documentación:

  • Alumnado que se matricula por primeira vez no centro: copia do Boletín de Notas / Certificación Académica.
  • Fotocopia do DNI ou do pasaporte (de non posuír algún destes documentos, presentarase copia do libro de familia).
  • 2 fotografías recentes, tamaño carné, co nome no reverso.

Aviso

O alumnado, que non vaia estar no centro o vindeiro curso, deberá devolver o ordenador EDIXGAL antes da fin do mes de xuño.

O alumnado que se matricule no centro para o vindeiro curso poderá quedar co ordenador no verán.

Non se recollen libros do fondo solidario de libros de texto.

Premio Prensa-Escuela Alba Quintas

 

Parabéns á nosa alumna Alba Quintas por obter o premio Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, na categoría de Artigo de Opinión.

Prensa-Escuela é un programa educativo de La Voz de Galicia que xa implica a máis de 22.000 alumnos e 900 profesores de toda a Comunidade.

 

 

 

 

 

 

AXUDAS CURSO 2023-24

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

Edixgal garantiza un mínimo de seis materias por curso con libro dixital, polo tanto, o centro queda fóra do Fondo solidario de libros de texto.

Cursos:

  • Todos os cursos de ESO para o cheque de material.

Normativa: Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Outros requisitos:

  •  Renda per cápita familiar entre 6000 e 10000 euros (vale de 60 euros para material).
  •  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 euros ou discapacitados ou tutelados pola Xunta (vale de 75 euros para material)

Prazos: Solicitude ata o 21 de xuño.

Procedemento: Preferiblemente por vía electrónica cubrindo o formulario (ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e entregándoo a través da  sede electrónica da Xunta de Galicia

Opcionalmente poderá presentarse a solicitude nas oficinas do Centro, onde tamén estará dispoñible o formulario para cubrir.


Distribuir contido


by Dr. Radut