Introdución
Resumo en imaxes das principais funcións dunha aula virtual
Introducir recursos e actividades na aula virtual
Introducir recursos e actividades na aula virtual
Curso oficial do proxecto Web Dinámicas que presenta unha documentación completa para o profesorado que está empezando a editar cursos.
Recursos
O obxectivo deste epígrafe é que vexades en funcionamento os principais tipos de recursos que podedes empregar nunha aula virtual. Lembra que para poder seleccionar os recursos na túa aula virtual (non nesta, senón na que ti és o profesor) debes premer no botón "Activar Edición", que aparece na parte superior dereita da pantalla.
Eu tamén son unha etiqueta, pero soamente levo texto
Nesta páxina web aparecen multitutde de laboratorios virtuais para empregar nas nosas clases
Actividades
O obxectivo deste epígrafe é que vexades as principais actividades que podedes incluír na páxina web (aparecen moitísimas no menú, pero so vos aconsello que empecedes por estas). Igual que para recursos, para que vos aparezca o menú de selección de actividades debedes premer no botón "Activar Edición" da parte superior dereita da pantalla (da aula virtual na que vos sodes os profesores/as)
Esta tarefa soamente permite a entrega dun ficheiro. Se ademais, restrinxes o tipo de ficheiro a un documento pdf (cousa que recomendo), entón poderás corrixilo por encima e enviar a cualificación dunha maneira moi doada.
Cada estudante verá exclusivamente as tarefas que entrega, a súa corrección e a súa cualificación, non as das demais persoas.
Nesta tarefa o alumando dispón dun espazo en branco, xusto debaixo da descrición da tarefa, onde debe escribir a resposta. Podes limitar o número de palabras que pode escribir. O alumnado pode escribir, gardar, e volver recuperar o texto para seguir escribindo.
Podes cualificar a tarefa e soamente será visible para o estudante.
Nesta tarefa podes poñer o enunciado do traballo, e tamén a podes cualificar. Pero é unha tarefa que se fai fora da Aula Virtual (no caderno, no laboratorio).
Lembra que si podes cualificala (eu adoito empregar este modelo de tarefa para poñer as notas dos exames, deste xeito xa as teño recollidas na Aula Virtual).
Cada contribución pode ser avaliada segundo a súa calidade ou segundo o número de contribucións
As probas son autocalificables, ao contrario que os cuestionarios, que dan a máxima puntuación con so contestalos.
Se xa tes ficheiros con preguntas tipo test e queres convertelas en probas aquí amosamos un truco
Sirvo para facer un chamamento, por exemplo data dun exame...
A opción Escolla permite que o alumnado escolla un tema e ese tema quede xa pechado para outros
Unha conversa é como un grupo de WhatApp, un lugar para chatear con todos os participantes do grupo. Podes definir a que hora o tes aberto e empregalo para responder dúbidas rápidas do alumnado que está en casa.