Animación á lectura
Chocolatada do club de lectura
Enviado por Cristina o Ven, 11/06/2021 - 21:48Hoxe, venres 11 de maio, puxemos o broche final ao Club de lectura deste curso académico cunha chocolatada que xa é tradición no noso club.
Foi un ano duro, que empezamos con incertidume pero tamén con certa esperanza, onde coñecemos a botica de Philipot, a súa muller Melisa e a súa neta Violeta e o gran segredo que custodiaban, na que Jules e Pierre xunto con Sanjurjo descubriran o seu segredo e lle axudarán a Melisa a atopar o seu remedio.
Pero non só atopamos a nosa “Ne” senón que coñecemos ao gran feiticeiro de Terramar, Gabián, que nos ensinou a súa illa Gont e nos desvelou a maxia que existe na súa terra e nos descubriu algúns dos segredos máis escuros.
Pero tamén aprendemos como o azar pode cambiar as nosas vidas de man de Mauro, que terá que enfrontarse á verdade para descubrir un asasinato. Neste camiño coñecerá o lado máis perturbador da súa cidade e como, ás veces, coñecer a verdade non cambia a realidade nin fai xustiza.
E non podiamos deixar esta aventura sen camiñar por diversas historias protagonizadas por rapazas, cada unha delas vive unha historia distinta que nos permite coñecer un pouco máis o seu mundo: as súas inquedanzas, as súas aventuras, a súa forza interior.... e que pon en valor ás mulleres e o valor que teñen na nosa sociedade. Mulleres todas elas como as que forman parte deste club de lectura, así que mellor forma de pechar o círculo que comezou alá por outubro.
Grazas por permitirnos voar, viaxar e soñar nun ano tan especial para todas nós.
Vémonos o curso que vén con máis historias por vivir e sentir!
Podedes ver as imaxes deste día tan especial na galería de imaxes:
Club de lectura: "Rapazas"
Enviado por Cristina o Sáb, 17/04/2021 - 17:40Chegamos ao final da aventura lectora deste curso. Un club totalmente integrado por mulleres e un libro protagonizado por mulleres.
Restricións, máscaras, distancia física, imposibilidade de facer saídas... pero un entusiasmo das participantes que nos reconciliou co mundo e espantou o desánimo. Rapazas: sodes extraordinarias!
E coándome nestas verbas de Inés, non podo deixar de darlle as GRAZAS por guiarnos nesta aventura que é a lectura e permitirnos compartir as sensacións, sentimentos, impresións... que nos produce esa viaxe.
E non podemos estar máis felices co agasallo que tivemos nesta última reunión!
Club de lectura: "A chave das noces"
Enviado por Cristina o Lun, 01/03/2021 - 17:31Hoxe reunímonos o club de lectura para comentar o libro “A chave das noces” de Xabier P.Docampo.
Grazas a el percorremos os misterios da cidade con Mauro. Ás veces, coñecer a alguén de xeito fortuíto que morre en estrañas circunstancias pode supoñer toda unha aventura para saber a verdade. Mauro percorrerá os turbios negocios dos máis poderosos da cidade para descubrir a verdade pero serve de algo sabelo? Iso teredes que pescudalo lendo o libro como fixemos nós.
E que mellor forma de rematar a lectura que adozándonos un pouquiño o padal?
Club de lectura: Un feiticeiro en Terramar
Enviado por Cristina o Sáb, 30/01/2021 - 00:40Hoxe, no club de lectura departimos sobre o libro “Un feiticeiro de Terramar” da autora Ursula Kroeber Le Guin. Esta novela fantástica esta ambientada en Terramar.
Terramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos. Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxicas que lle levan a irse formar como feiticeiro na escola de Roke, onde se forman todos os magos. No entanto, a súa prendizaxe verase freada pola aparición accidental dunha misteriosa sombra que quere apoderarse do seu ser.
Concurso "As cores do outono"
Enviado por Cristina o Mar, 22/12/2020 - 17:26Hoxe, martes 22 de decembro, na biblioteca do instituto fixose entrega no tempo de lecer dos vales e o xogo de construcción á gañadora e gañadores do concurso de fotografía: "As cores do outono"
Os premiados foron:
-
1° premio: Nuria Paredes Lorenzo (1° Bacharelato)
-
2° premio: Álex Blanco García (1° ESO)
-
3° premio: Aitor Cabana Vázquez (FP Básica)
Proximamente poderemos visionar todas as fotos nun vídeo que colgaremos na web..
Así mesmo o ENDL dávos as grazas pola vosa colaboración e participación a todo o alumnado que fixo posible a realización desta actividade.
Podes ver as imaxes da entrega dos premios clickando no seguinte enlace que vos leva a galeria:
Traballando o 25 NOVEMBRO 2020
Enviado por Cristina o Sáb, 28/11/2020 - 23:29A comunidade educativa do IES do Camiño énchese de palabras e imaxes coas que expresar o seu rexeitamento á violencia exercida contra as mulleres. Palabras que desprenden un potente NON ás agresións, ás humillacións, á desigualdade e exclusións sufridas polas mulleres.
Club de lectura: Jules Verne e o segredo das mulleres planta
Enviado por Cristina o Ven, 20/11/2020 - 20:51Hoxe, venres 20 de novembro, tivemos a primeira xuntanza do club de lectura na biblioteca para falar do libro de Ledicia Costas: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
Samaín _ Noite de defuntos 2020
Enviado por Cristina o Ven, 30/10/2020 - 16:32Este ano é un ano diferente aos outros, no que temos que coidarnos, protexernos e ser moi coidadosos e coidadosas coas medidas de seguridade nesta pandemia que estamos a vivir.
Día Internacional do Libro
Enviado por Cristina o Dom, 26/04/2020 - 23:45O día 23 de abril, Día Internacional do libro, propuxémosvos a través de Instagram un xogo para que entre todos e todas nos suxerísedes libros para ler.
Moitas grazas por participar nesta proposta e dicirnos que libro non podemos deixar de ler.
Nós xa temos unha lista feita cos libros pendentes que imos ler! E vós?
Aí vai o listado con todas as suxestións:
- Blacksad de Juanjo Guarnido.
- Cien años de soledad de Gabriel García Márquez.
- Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín.
- El ala rota de Antonio Altarriba.
- El chico que siguió a su padre hasta Auschwitz de Jeremy Dronfield.
- El hombre que susurraba a los caballos de Nick Evans.
- El perfume de Patrick Süskind.
- El médico de Noah Gordon.
- El nombre del viento de Patrick Rothfuss.
- El temor de un hombre sabio de de Patrick Rothfuss.
- El nombre de la rosa de Umberto Eco.
- El fuego de Katherine Neville.
- El ocho de Katherine Neville.
- El señor de los anillos de J. R. R. Tolkien.
- El viejo y el mar de Ernest Hemingway.
- Eroski Paraiso.
- La caída de los gigantes de Ken Follet.
- La conjura de los necios de John Kennedy Toole.
- La historiadora de Elizabeth Kostova.
- La sonrisa etrusca de Jose Luis Sampedro.
- La tabla de Flandes de Arturo Pérez Reverte.
- La trilogía: Los hombres que no amaban a las mujeres de Stieg Larsson.
- Las tres bodas de Manolita de Almudena Grandes.
- Los puentes de Madison County de Robert James Waller.
- Los libros de Matilde Asensi: En busca del origen perdido; El último catón; El salón del ambar; Iacobus....
- Los ojos amarillos de los cocodrilos; El vals lento de las tortugas; Las ardillas de central park están tristes los lunes de Katherine Pancol.
- Los pilares de la Tierra de Ken Follet.
- Malaherba de Manuel Jabois.
- Momo de Michael Ende.
- Nada es tan terrible de Rafael Santandreu.
- O Piloto de Alfonso Eire López.
- O Principiño de Antoine de Saint Exupery.
- Poema del canto jondo de Federico García Lorca.
- Senlleiras de Antía Yañez.
- You de Caroline Kepnes.
GRAZAS a todas e todos por participar, así da gusto!!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
