Curso 2020/21

Correspondentes Xuvenís_ Radio

Os e as correspondentes xuvenís collen un descanso polas vacacións de Semana Santa,  pero ao regreso, volverán estar como cada xoves de 11:00 a 11:30 en Radio Palas para informalos sobre as novas máis relevantes.

 

Cóidense moito e gocen da Semana Santa!!!

Correspondentes Xuvenís_ agasallos

Este xoves fíxemos entrega aos nosos e nosas Correspondentes Xuvenís dos agasallos que nos chegaron dende Xuventude polo seu traballo e compromiso en  dar difusión ás informacións que dende este organismo nos chegan.

 

Elas e eles fan un gran traballo, xa que semana tras semana, no seu tempo de lecer van á radio para informar aos veciños e veciñas de Palas de Rei daquelas informacións, novas....  que consideran que poden ser de interese para todas e todos.

 

Adquiren, deste xeito, un compromiso importante e entenden que estar informadas e informados é algo esencial e fundamental na nosa sociedade para poder participar nela de xeito activo e proactivo.

 

Así mesmo empregan a canle de Instagram do centro para intentar chegar a máis xente. Non te podes perder o seu labor divulgativo.

 

Grazas polo voso compromiso e traballo! 

 


Podes ver os agasallos pinchando no seguinte enlace que te leva a galeria de imaxes do centro. 

 

Charla informativa da USC

Hoxe, 15 de marzo, o alumnado de 2º de Bacharelato contou coa charla informativa da USC a cargo do profesor Francisco Rodríguez Lestegás.

Na charla os alumnos e alumnas recibiron información, por un lado,  sobre a Universidade de Santiago de Compostela e polo outro, sobre as probas ABAU.

Así mesmo, durante a mesma puideron aproveitar para preguntar aquelas dúbidas ou solicitar información sobre o grao que lles gustaría estudar. 

Obradoiro "Elas. Poesía de muller"

Este mércores 10 de marzo,  alumnado do noso centro participou no obradoiro "Elas. Poesía de muller"impartido pola poeta, editora e investigadora Dores Tembrás. Houbo dúas sesións: unha para 1º e 2º da ESO, e outra para 4º da ESO e 1º de Bacharelato.  

Os alumnos e alumnas responderon con entusiasmo a esta pouco convencional proposta de achegamento á palabra poética. Utilizando a emoción e a musicalidade como chaves, Dores foi abrindo para o noso alumnado as portas de acceso a poemas de destacadas autoras do panorama galego actual, como Olalla Cociña, María Lado ou Yolanda Castaño.

Foi unha experiencia verdadeiramente singular e interesante

Novos libros no catálogo da biblioteca

Tendo en conta as suxestións dos distintos departamentos ampliouse o catálogo de novidades da biblioteca. Deste xeito tedes máis libros de ficción, de literatura pero tamén de divulgación científica, así que non dubidedes pasarvos pola biblioteca e sumerxirse en novos mundos que de seguro vos cautivaran. 

  •  Novidades Acoso Escolar

Subonormal. Fernando LLor e Miguel Porto 

  •  Novidades Cosmoloxía 

Brevísima historia del tiempo. Stephen Hawking y Leonard Mlodinow

El gran diseño. Stephen Hawking y Leonard Mlodinow

  •  Novidades Cultura Clásica 

Percy Jackson. La batalla del laberinto. Rick Riordan

Percy Jackson. El ultimo héroe del Olimpo. Rick Riordan

Percy Jackson. El ladrón del rayo. Rick Riordan

Percy Jackson. La maldición del Titán. Rick Riordan

Percy Jackson. El mar de los monstruos. Rick Riordan

Cuentos de la mitología griega. Eds de la Torre

  • Novidades Economía

Cosas que hay que saber sobre Economía. Edmund Conway

  • Novidades Feminismo

Trampa de lume. La mar de fácil. Núria Martí Constans 

Remexido de patacas Eli Ríos

  • Novidades Física e Química

Feynman. Ottaviani y Myrick. (Libro en formato cómic centrado en la biografía de Richard Feynman)

La energía nuclear salvará el mundo. Alfredo García

Nikola Tesla. Massimo Teodorani

La puerta de los tres cerrojos. Sonia Fernández Vidal

Breve historia de la química. Isaac Asimov.

Momentos estelares de la ciencia. Isaac Asimov. 

Cien preguntas básicas sobre la ciencia. Isaac Asimov 

Seis piezas fáciles. R. P Feynman

  • Novidades Literatura Xuvenil

El curioso incidente del perro a medianoche. MArk Haddon 

Nahid, mi hermana afgana. Anna Tortajada

El círculo escarlata. César Mallorquí.

Verdad. Care Santos

Miedo. Care Santos 

  • Novidades Paleontoloxía 

La vida contada por un sapiens a un neandertal. Millás e Arzuaga

 

8 MARZO: Día Internacional da muller

     No IES do Camiño  conmemoramos, ano tras ano,  o día 8 de marzo,  Día Internacional da Muller. Este ano é un ano máis especial porque as limitacións da pandemia non nos deixan celebralo do xeito que nos gustaría, aínda así as gañas e as ilusións non se perden e están presentes nos 365 días. 

     No noso centro cremos firmemente en respectar e promover a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes a diario, día tras día,  os 365 días do ano; buscamos forxar un futuro igualitario para as nosas alumnas e alumnos. 

     A educación cumpre un papel decisivo para fomentar a participación das mulleres na vida pública en tódolos ámbitos, así como para potenciar a  eliminación da violencia que se exerce sobre elas; coa educación promóvese e dáselle pulo á igualdade entre os xéneros e ao empoderamento das mulleres. 

     Así mesmo, este ano, a maiores,  queremos dar visibilidade ás mulleres trans que sofren unha dobre discriminación,  por ser muller e ser trans. De aí que queiramos poñer en valor a súa loita feminista contra as violencias e desigualdades que sofren como o resto das mulleres. Agradecemos á Asociación Arelas o material educativo facilitado para traballar co noso alumnado esta visibilidade das mulleres trans. 

 

ES NECESARIO

Es necesariorevertir el hechizo.



Ese,

que borra a las mujeres

de los libros de historia,

de las esferas de poder,

de las antologías.



Ese,

que las encierraentre cuatro paredes,

con solo

colocarles un anillo.

(Guisela López) 

 

 

(Elaborado polo alumnado de Educación Plástica) 

 

Arte en tempos de pandemia

Nesta época convulsa de virus, máscaras, ventilación e distancia, o alumnado de 2º ESO aproveitou a materia de Xeografía e Historia para aproximarse á Historia da Arte.

Así, as e os estudantes levantaron coas súas propias mans cadansúa catedral de papel e afondaron no coñecemento da arquitectura gótica e a arte medieval.

 

 

 catedral

 

"Na foto, a catedral realizada por Maruxa Porto."

A dinámica da árbore

Nas últimas sesións de titoría co alumnado de 2º da ESO, Elena e Cristina, aproveitaron para traballar a autoestima, a través do mindfulness no que a música xogou un papel esencial, convertémonos en arbores, onde as raíces, o tronco e as follas teñen un significado e démonos conta do difícil que é identificar as nosas cualidades positivas, así como o necesario que é recoñecelas para saber que accións levamos a cabo para obter resultados positivos.

Así mesmo, fixemos unha posta en común das nosas árbores e reflexionamos sobre as "nosas tormentas" que é o que move a nosa árbore, por que é necesario ter unhas raices fortes e finalmente que necesitamos?

As conclusións ás que fomos chegando entre todos e todas, anotámolas na lousa.

Comprobamos como aspectos que antes non tiñamos tan presentes agora cobran unha especial relevancia como a saúde ou a necesidade de facer aquelas cousas que nos gustan e que agora non podemos. 

É importante facer estas reflexións para coñecernos a nososutros mesmos, saber que queremos, que queremos conseguir e como o vamos a conseguir. Se facemos exercicios de reflexión e autocoñocemento poderemos coñecer as nosas fortalezas e oportunidades que nos permitirán alcanzar as metas que nos propoñemos nos diferentes ámbitos da nosa vida.

Podemos ver esta imaxen e outras na galería de fotos do instituto:

 

Club de lectura: "A chave das noces"

Hoxe reunímonos o club de lectura para comentar o libro “A chave das noces de Xabier P.Docampo. 

 

Grazas a el percorremos os misterios da cidade con Mauro. Ás veces, coñecer a alguén de xeito fortuíto que morre en estrañas circunstancias pode supoñer toda unha aventura para saber a verdade. Mauro percorrerá os turbios negocios dos máis poderosos da cidade para descubrir a verdade pero serve de algo sabelo? Iso teredes que pescudalo lendo o libro como fixemos nós. 

 

E que mellor forma de rematar a lectura que adozándonos un pouquiño o padal?

 

Entroido 2021

Este ano segue a ser un ano atípico en tódolos sensos e o entroido non podía ser menos. Aínda así os alumnos e alumnas do instituto do Camiño de Palas de Rei decidiron vir disfrazados e disfrazadas ao longo da semana, cada día cunha temática distinta en cada curso, á súa libre elección.

Distribuir contido