SCAPE WAY

O último día de clases, 22 de xuño, o instituto entregou os premios ás gañadoras e gañadores do “Scape Way” do Concello de Palas de Rei.

 

Durante as últimas semanas do curso, cada grupo de alumnos e alumnas, acompañados polo seu titor/a e a orientadora percorreron a vila de Palas de Rei en busca de pistas que os levarían a desentrañar o misterio que se escondía no Camiño de Santiago. 

 

O grupo que conseguiu o primeiro premio, por facelo no menor tempo posible (51 minutos e 33 segundos) foi o formado por Marcos, Lucía, Leo, Javier e Brais Vázquez de 3º da ESO.

 

Así mesmo, o centro tamén acordou entregar un premio ao grupo que o fixo no menor tempo con respecto á súa clase. Estes son:

En 2º da ESO, Dani, Antón, Iria, Sara e Julen (55 minutos e 6 segundos); en 1º da ESO, Gael, Noelia, Erik, Ares e Xoán (59 minutos e 22 segundos); en 

FP Básica, Verónica, Yolanda, Matilde e Uxía (1 hora e 2 segundos)

 

Parabéns ás gañadoras e gañadores!!! Agardamos que desfrutarades moito con esta aventura.


 Podes ver as fotos no seguinte enlace: