Excursión Ás Medulas

O pasado 12 de marzo o departamento de Latín e Grego do IES realizou unha saída extraescolar. Aproveitando a celebración do Festival de teatro escolar clásico grecolatino en Lugo, pola mañá visitamos As Medulas, a que fose a maior mina ao descuberto do Imperio romano. Despois fomos a comer ao Cebreiro, porta do Camiño de Santiago en Galicia e desde aquí dirixímonos ao teatro, a ver a representación da obra "Anfitrión" de Plauto, a cargo do grupo Noite Bohemia da Coruña.

Aquí deixámosvos unha mostra do que foi este divertido e didáctico día, esperando que gocedes tanto como nós. Un saúdo e grazas pola vosa participación.

A profesora e o profesor do departamento de Latín e Grego.