Skip to Content

Actividades

Nadal 2022 na Biblioteca

                 Árbore Nadal 22 na Biblioteca

Dende a Biblioteca do IES Plurilingüe de Valga celebramos un ano máis o Nadal coa colaboración  do alumnado do Ciclo Básico I de Soldadura e Calderaría que elaborou a árbore e do alumnado do Ciclo Básico II que fixo a súa decoración. Ademais, queremos agasallar a toda a comunidade  educativa cunha felicitación navideña con recomendacións literarias para disfrutar da lectura nestas datas.” BO NADAL!.

Máis fotografías da elaboración desta árbore polo alumnado do Ciclo Básico de SOCA picando aquí.

      Recomendacións literarias d eNadal

Concurso para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero

O vindeiro 25 de novembro é o "Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero" e a Biblioteca convoca III CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: "ARMADAS DE RAZÓN", dirixido ao alumnado do noso centro (ESO,Bacharelato e FP), ao profesorado, persoal docente, nais e pais, coa finalidade de crear conciencia en valores de igualdade e contra a violencia machista. Na imaxe que acompaña esta nova ou no ficheiro anexado podes consultar as bases e premios deste concurso.

                 III CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 

Celebramos o Samaín na Biblioteca

                                         samain2022

Co gallo da celebración do Samaín, o equipo da Biblioteca e o do programa de Titoría entre iguais (TEI) organizaron na Biblioteca o venres 28 de outubro e na última hora lectiva, una lectura dramatizada de contos de terror de Rafael Dieste e Ánxel Fole a cargo dos profesores Abel Turnes, Fran Godón e Suso López para o alumnado de  1º e 3º ESO. Ademais, o equipo de Biblioteca presentou un cartel con algunhas recomendacións literarias de terror e medo que están a disposición da comunidade educativa na nosa biblioteca escolar.

Samaín 2022 na Biblioteca IES PlurilingÚe Valga

Samaín 2022 na Biblioteca

Samaín 2022 na Biblioteca

Torneo de Xadrez 2022

Dentro das actividades extraescolares deste ano académico 2021-2022, a Biblioteca organiza unha nova edición do Torneo de Xadrez. Animamos ao alumnado a inscribirse nesta competición deportiva. Terá lugar durante os recreos das vindeiras semanas e na planta baixa do noso centro.

Torneo Xadrez 2022

En palabras dun dos profesores responsables deste torneo, Víctor González: "Moitos soñan con derrubar tiranías, botar abaixo patriarcados ou monarquías hereditarias. É sabido. No IES de Valga non aspiramos a tanto, se acaso a darlle xaque ao rei, que non é pouca cousa, ou ao aburrimento, mellor aínda. Si, estamos a falar de creatividade, de intelixencia, de valentía, de esforzo, de paciencia... non, non é un curso de filosofía, aínda que o poida parecer, estamos a falar de xogo e, certamente, a filosofía algo de xogo ten, pero non, non é o caso, trátase de outro xogo, do xogo do xadrez... a que sona ben? A que estás xa botando un sorriso de felicidade. Tranquilo, non é necesario que vaias correndo, acouga, que aínda estás a tempo.
Tes que inscribirte no Torneo Aberto de Xadrez que vai ter lugar nas instalacións do IES de Valga, pasarela baixa. O prazo remata o venres 28, pero non esperes ata última hora, non vaia a ser que te quedes fóra. Pasa pola Bibllioteca e apúntate na folla de inscrición aberta para a ocasión. Que se haberá agasallos para os gañadores? Mellor agasallo que participar e desfrutar? Pois claro, que esperabades?
Empezamos o martes 1 de febreiro e as partidas vanse celebrar nos recreos dos martes e dos xoves. Cada luns farase pública a listaxe cos emparellamentos da semana. Atento. Por suposto seremos escrupulosos coa normativa COVID, xaque ao COVID tamén, pois. Ánimo e saúde."

Alumnado de FP Básica de Soldadura e Caldeirería prepara o Nadal para a Biblioteca

Alumnado de 1º FP Básica fabricando a estrela

O alumnado de 1º e 2º FP Básica en colaboración co equipo da Biblioteca participou na decoración de Nadal do espazo da Biblioteca que este ano conta cunha árbore particular...

Alumnado de 2º FP Básica construíndo á arbore de Nadal

...e o resultado foi esta obra de arte de Nadal:

Árbore de Nadal da Biblioteca 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut