Skip to Content

O Equipo de Dinamización Lingüística celebra o Día de Rosalía de Castro

Día de Rosalía 24 febreiro 2021

Un ano máis e como cada 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro celebra o Día de Rosalía de Castro.

Convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior 2021

fp A Consellería de Educación publica a Orde da Convocotaria das probas de acceso a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

O prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior é do 18 de febreiro ao 3 de marzo e das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio é do 15 ao 26 de marzo.

Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas que se pode acceder premendo na imaxe ou nos ficheiros anexados a esta nova.

NOTA: aínda que as solicitudes son telemáticas, teñen que ser presentadas no centro para a súa validación. O día para a presentación de ditas solicitudes no noso centro é o mércores de cada semana a ser posible.

 

Torneo de Xadrez na Biblioteca do IES Valga

                 torneo xadrez 2021

Dentro das actividades extraescolares deste ano académico 2020-2021, a Biblioteca e o Departamento de Matemáticas organizan un Torneo de Xadrez. Animamos ao alumnado a inscribirse nesta competición deportiva. Terá lugar durante os recreos das vindeiras semanas e na Biblioteca do noso centro.

Actividade do Entroido no IES Valga

áAlumnado de Música de 4º ESO animando o Entroido

Na mañá do venres 12 de febreiro tivemos polos corredores e aulas do noso Centro ao alumnado de Música de 4º ESO, co seu profesor Manuel Villar, poñendo animación musical de comparsa, para dar un ambiente de Entroido cara ás datas adicadas a este evento tan arraigado na nosa cultura e, que este ano polas circunstancias que estamos vivindo, non puidemos celebrar coa participación e actividades que eran habituais en cursos pasados.

Alumnado de Música de 4º ESO animando o Entroido

Celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia 2021

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia 2021 1

 

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Co obxectivo de reflexionar ao redor da figura feminina na Ciencia, proxectáronse fragmentos da película “Figuras ocultas” nos cursos de 2º, 3º e 4º de ESO.

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia 2021 3

Distribuir contido


by Dr. Radut